Karl Wilhelm Reinmuth
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1892 ![]() Heidelberg, Alemaña ![]() |
Morte | 6 de maio de 1979 ![]() Heidelberg, Alemaña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo, descubridor de asteroides ![]() |
Profesores | Max Wolf ![]() |
Karl Wilhelm Reinmuth, nado o 4 de abril de 1892 e finado o 6 de maio de 1979,[1] foi un astrónomo alemán, prolífico descubridor de asteroides, cun total de 395 no seu haber.[2][3]
Traxectoria
Traballou no Observatorio de Heidelberg-Königstuhl, Alemaña, entre 1912 e 1957. Foi membro do Centro de Planetas Menores polo Astronomisches Rechen-Institut entre 1947 e 1950, e posteriormente converteuse en "Oberobservator" ou xefe de observadores no Observatorio de Heidelberg até o seu retiro en 1957.[4] Reinmuth realizou máis de 12 500 medicións astrométricas precisas das posicións de asteroides en placas fotográficas, unha tarefa inxente antes da introdución dos ordenadores.[1]
En 1914 descubriu o seu primeiro asteroide, Sarita.[1] Entre os seus descubrimentos máis notables atópanse os asteroides Apolo e Hermes.
Tamén descubriu os asteroides troianos Agamenón, Odiseo, Eneas, Anquises, Troilo, Áyax, Diomedes e Telamón; dous cometas periódicos, 30P/Reinmuth e 44P/Reinmuth e o último asteroide visitado pola sonda espacial Stardust, Annefrank.
Reinmuth bautizou un dos seus descubrimentos co seu propio nome: o asteroide (1111) Reinmuthia, práctica non moi ben vista polos astrónomos.
Recoñecemento a Stracke
|
As iniciais dos planetas menores 1227 a 1234, todos descubertos por Reinmuth, forman o acróstico "GSTRACKE", nome do astrónomo alemán Gustav Stracke que pedira que ningún planeta fose bautizado co seu nome:
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Reinmuth, Karl (decembro de 1979). "Obituary notice of". The Minor Planet Bulletin 7: 10. Bibcode:1979MPBu....7...10R. Consultado o 1 de xullo de 2016.
- ↑ "Minor Planet Discoverers (by number)". Minor Planet Center. 4 de setembro de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Schmadel, Lutz D. (2007). Dictionary of Minor Planet Names – (1111) Reinmuthia. Springer Berlin Heidelberg. p. 94. ISBN 978-3-540-00238-3. Consultado o 1 de xullo de 2016.
- ↑ Roland Wielen; Ute Wielen (2012). "Von Berlin über Sermuth nach Heidelberg – Das Schicksal des Astronomischen Rechen-Instituts in der Zeit von 1924 bis 1954 anhand von Schriftstucken aus dem Archiv des Instituts" (PDF) (en alemán). Astronomisches Rechen-Institut, Zentrum fur Astronomie, Universität Heidelberg. p. 374. Consultado o 1 de xullo de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Smithsonian/NASA Astrophysics Data System (ADS), en inglés.
- Smithsonian/NASA Astrophysics Data System (ADS), en inglés.
- Schubart, Joaquim. "Nachrufe : Karl Reinmuth" (en alemán) 50: 7–8. Consultado o 20 de novembro de 2015.