Kebab Connection
Kebab Connection | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Kebab Connection |
Director | Anno Saul |
Produtor | Stefan Schubert |
Guión | Ralph Schwingel Fatih Akın |
Intérpretes | Denis Moschitto Nora Tschirner |
Distribuidora | Universum Film |
Estrea | 2005 |
Duración | 96 min. |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kebab Connection é un filme turco-alemán estreado no 2005 e ambientado en Hamburgo.
Argumento
Ibo (Denis Moschitto) é un mozo de orixe turca que vive en Alemaña canda a súa familia e que ten unha noiva alemá (Nora Tschirner). O seu soño é ser director de cine, en concreto, quere facer a primeira película alemá de kung fu, mais ao que chega e a facer uns anuncios para a tenda de kebabs do seu tío. A súa moza, unha aspirante a actriz de teatro, fica embaraza del, mais é bastante reticente a aceptalo como pai.
O pai de Ibo bótao da casa e deshérdao, non quere que o seu fillo se arrexunte cunha alemá, aínda que ao final acéptaa como nora por consello da muller, e acaba perdoando o fillo.
Tamén hai outros temas secundarios interesantes, como pode ser a dun inmigrante grego, dono dun bar de comida grega que lle fai competencia aos kebabs turcos, que ten desherdado ao fillo ser vexetariano e rexentar un establecemento de comida vexetariana.