Kevin Hart

Kevin Hart
Kevin Hart en 2014.
Nome completoKevin Darnell Hart
Nacemento6 de xullo de 1979 (44 anos)
LugarFiladelfia, Pensilvania
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
EtniaAfroamericano
Educado enGeorge Washington High School
Parella(s)Torri Hart (2003-2010)
Cónxuxe(s)Torrei Hart e Eniko Hart
FillosHeven Leigh (2005) Hendrix (2008)
ProfesiónActor, comediante
Na rede
https://kevinhartnation.com e https://www.kontorara.com/kevin-hart-net-worth-biography/
IMDB: nm0366389 Allocine: 100479 Rottentomatoes: celebrity/kevin_hart Allmovie: p30773 TCM: 1010988 Metacritic: person/kevin-hart TV.com: people/kevin-hart
Facebook: hartkevin Twitter: KevinHart4real Instagram: kevinhart4real Snapchat: lilswag79 TikTok: imkevinhart Musicbrainz: 45c44cc4-71c7-4c6f-aae3-3a59036f8d49 Songkick: 567275 Discogs: 1585198 WikiTree: Hart-14395 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kevin Hart, nado en Filadelfia, Pensilvania o 6 de xullo de 1979 é un actor e comediante estadounidense.

Traxectoria

Hart naceu en Filadelfia, Pensilvania. Graduouse no George Washington High School e asistiu á Universidade Temple durante dous anos.

Para lograr o éxito na súa rexión, renunciou ao seu traballo como vendedor de zapatos e embarcouse na carreira de comediante. As súas actuacións levárono a estar en películas, como The 40-Year-Old Virgin, Soul Plane, Paper Soldier, Scary Movie 3, Along Came Polly, Scary Movie 4, Death at a Funeral, Little Fockers, Not Easily Broken, e One Day in Jersey.

En 2008, Hart apareceu no vídeo de Three 6 Mafia para "Lolli Lolli (Pop That Body)" e en 2009, Hart apareceu nunha serie de anuncios de eBay. Ese mesmo ano interpretou o feiticeiro Zezelryck na serie de televisión Kröd Mändoon and the Flaming Sword of Fire.

Fixo varias actuacións ao vivo de comedia en especiais de televisión para Comedy Central, incluíndo I'm a Grown Little Man e Seriously Funny. En 2010, Hart apareceu nos anuncios de Air Jordan con Dwyane Wade. Hart é idolatrado polo seu compañeiro Mike Benner.

O 6 de setembro de 2012 foi o anfitrión dos premios MTV Vídeo Music Awards 2012, que realizou a súa cerimonia no Staples Center dos Ánxeles.

Participa no segundo disco en solitario de Romeo Santos, Formula Vol.2.

Vida persoal

Hart casou con Torri Hart en 2003. En marzo de 2005 naceu a súa filla Heaven Leigh (pronunciado Heavenly) Hart. Como se revelou en The 40-Year-Old Virgin, el comentou medio de broma que non quere que se converta "nunha bailarina de striptease". O 18 de febreiro de 2008, naceu Hendrix Hart. En 2010, Hart separouse legalmente da súa esposa, quen tamén fai xiras de stand-up con el.

É amigo de Anthony Anderson.

Filmografía

Película
Ano Película Papel
2001 Undeclared Estudante relixioso
2003 Scary Movie 3 CJ
Death of a Dynasty P-Diddy / Policía 1 / Adestrador de Baile / Rapeiro / H. Lector
2004 Along Came Polly Vic
Soul Plane Nashawn
2005 The 40 Year Old Virgin
2006 Scary Movie 4 CJ
2007 Epic Movie Silas
2008 Fool's Gold Bigg Bunny
Superhero Movie Trey
Extreme Movie Barry
Meet Dave Number 17
Drillbit Taylor Vendedor de casa de empeño
2009 Party Down Dro Grizzle
Not Easily Broken Tree
Kröd Mändoon and the Flaming Sword of Fire Zezelryck
2010 Death at a Funeral Brian
Something Like a Business[1] JoJo
Little Fockers Nurse Louis
2011 35 and Ticking[2] Cleavon
Let Go[3] Kris Styles
The Precious One[4] TBA
2012 Think Like a Man Cedric
2013 This is The End Kevin Hart
2014 Ride Along[5] Ben
About Last Night[6] Bernie
Think Like a Man Too[7] Cedric
Top Five Charles
2015 The Wedding Ringer[8] Jimmy
Get Hard[8]
2016 Ride Along 2[9] Ben Barber
2017 Captain Underpants[9] George Beard (voz)

Notas