Khan Yunis

Modelo:Xeografía políticaKhan Yunis
خان يونس (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
 31°20′38″N 34°18′09″L / 31.34389, 34.3025
EstadoEstado de Palestina
Territorio ocupadoFranxa de Gaza
GobernaciónsGobernación de Khan Yunis Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación142.637 (2007) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1389 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Outro
Irmandado con

Sitio webkhanyounis.mun.ps Editar o valor en Wikidata

Khan Yunis (en árabe: خان يونس ,lit. Caravasar [de] Yunis[1]), tamén escrito Khan Younis ou Khan Yunus, é unha cidade palestina que serve como capital da gobernación de Khan Yunis, no sur da Franxa de Gaza. Foi destruída en gran parte debido ao conflito israelí-palestino de 2023.

Historia

Antes do século XIV, Khan Yunis era unha aldea coñecida como "Salqah". Para protexer a caravanas, peregrinos e viaxeiros, o emir Yūnus an-Nūrūzī construíu alí un vasto caravasar, hoxe coñecido como castelo de Barquq, entre 1387 e 1388.[2]

Demografía

Segundo a Oficina Central de Estatísticas de Palestina, Khan Yunis tiña unha poboación de 205 125 habitantes en 2017.[3]

Clima

Khan Yunis, que se atopa a só catro quilómetros ao leste do mar Mediterráneo, ten un clima semiárido cunha temperatura máxima de 30 °C no verán e unha mínima de 10 °C no inverno, cunha precipitación anual de aproximadamente 260 mm.

Notas

  1. "Name Reference - Anera.org". 
  2. Sharon, 1999, p. 228
  3. "Preliminary Results of the Population, Housing and Establishments Census, 2017" (PDF). Oficina Central de Estatísticas de Palestina. febreiro de 2018. pp. 64–82. Consultado o 24 de outubro de 2023.