Khilperico II
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Chilperikus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 670 (Gregoriano) ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 13 de febreiro de 721 ![]() Noyon, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Noyon ![]() |
Rei dos francos | |
719 – 721 ← Clotario IV – Teodorico IV, Rei franco → | |
Rei dos francos Neustria, Burgundios | |
715 – 719 ← Dagoberto III – Supresión do cargo → ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Outro | |
Título | Rei dos francos (719–721) Rei dos francos (715–721) ![]() |
Familia | Dinastía Merovinxia ![]() |
Fillos | Khilderico III ![]() |
Pais | Khilderico II ![]() ![]() |
Irmáns | Dagoberto ![]() |
Parentes | Khilderico III, may be child ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |

Khilperico II, nado cara ao 672 e finado o 13 de febreiro de 721, chamado Daniel de neno, o fillo máis novo de Khilderico II, foi rei de Neustria desde o 715 e único rei dos francos desde o 718 ata a súa morte. Foi o derradeiro rei merovinxio que exerceu a súa autoridade en solitario.
Traxectoria
De neno, foi levado subrepticiamente a un mosteiro para salvar a súa vida da guerra fratricida da súa familia. Alí, foi criado como Daniel ata a morte de Dagoberto III en 715, cando foi sacado do mosteiro - á idade de vinte e tres anos - proclamado rei subido ao escudo dos guerreiros neustrios, segundo o costume. Tomou como nome real o de Khilperico, aínda que debido á súa crianza no mosteiro, foi un home moi diferente a Khilperico I.
En primeiro lugar, parece que só foi un xoguete nas mans de Ragamfredo, o mordomo de palacio de Neustria, proclamado en 714 en oposición a Teudoaldo, o herdeiro designado de Pipino de Heristal. Khilperico, con todo, era tanto un loitador como un líder, sempre na primeira liña de batalla á cabeza das súas tropas. En 716, el e Ragamfredo guiaron un exército a Austrasia, daquela atacada por Plectrude, no nome do seu neto Teudoaldo, e Carlos Martel, o fillo bastardo de Pipino de Heristal. Os neustrios aliáronse con outra forza invasora ao mando de Radbod rei dos frisios e enfrontáronse a Carlos en batalla preto de Colonia, daquela en mans de Plectrude. Khilperico saíu vitorioso e Carlos fuxiu ás montañas de Eifel. O rei e o seu mordomo volveron para cercaren o seu outro rival na cidade. Plectrude recoñeceu a Khilperico como rei, entregou o tesouro de Austrasia, e abandonou a aspiración do seu fillo á mordomía.
Neste punto, os acontecementos volvéronse contra Khilperico. Cando el e máis Ragamfredo guiaban os seus soldados triunfantes de volta a Neustria, Carlos caeu sobre eles preto de Malmedy e, na Batalla de Amblève, Carlos derrotounos e eles fuxiron. Despois, Carlos Martel permaneceu virtualmente invicto e a forte vontade de Khilperico foi sometida nunha serie de campañas libradas no territorio de Neustria.
En 717, Carlos volveu a Neustria cun exército e confirmou a súa supremacía coa vitoria de Vincy, preto de Cambrai. Perseguiu ao rei e ao mordomo ata París antes de volver e ocuparse de Plectrude e Colonia. Tras este éxito, proclamou un tal Clotario IV rei de Austrasia en oposición a Khilperico. En 718, Khilperico, en resposta, aliouse con Odón o Grande, o duque de Aquitania que se volvera independente durante as contendas de 715, pero foi vencido novamente por Carlos, en Soissons. O rei fuxiu co seu aliado o duque ao país ao sur do río Loira e Ragamfredo fuxiu a Angers. Pronto morreu Clotario IV e Odón deuse por vencido na cuestión de Khilperico e, a cambio de recoñecer a súa soberanía sobre todos os francos, o rei rendeu o seu reino á mordomía de Carlos sobre todos os reinos (718).
En 719, foi subido oficialmente sobre o escudo como rei de todos os francos, pero só sobreviviu un ano e os seus sucesores foron meros rois fainéants (‘reis folgazáns’). Morreu en Attigny e foi soterrado en Noyon.
Véxase tamén
Bibliografía
- Oman, C. (1893). The Dark Ages 476-918. Period I. Rivingtons, Londres.
Outros artigos
- Francos (historia principal dos reinos francos)
- Lista dos reis francos
- Merovinxios
Ligazóns externas
- Páxina sobre os merovinxios de Oxford
- From Merovingians to Carolingians: Dynastic Change en Frankia (en inglés).