Kill Yr Idols
Kill Yr Idols | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Sonic Youth | |||||
Data de edición: | outubro de 1983 | ||||
Lanzamento: | {lanzamento} | ||||
Datas de gravación: | |||||
Estudio(s) de gravación: | {estudio} | ||||
Duración: | 20:58 | ||||
Xénero musical: | rock alternativo, No Wave, post-punk | ||||
Selo discográfico: | Zensor | ||||
Producido por: | Sonic Youth, Wharton Tiers | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Kill Yr Idols é un EP da banda estadounidense Sonic Youth, orixinalmente editado só en Alemaña. No ano 1995, Kill Yr Idols foi xuntado á reedición da DGC do álbum de 1983 Confusion Is Sex.
A edición orixinal en vinilo realizouse en outubro de 1983 polo selo Zensor. Houbo unha reedición en setembro de 1987, pero ámbalas dúas só se lanzaron en Alemaña.
O EP lanzouse medio ano despois do seu álbum Confusion Is Sex e contén dous temas deste ("Protect Me You" e "Shaking Hell"), así como unha gravación do primeiro, e tres temas novos gravados ao vivo en dúas pistas en outubro de 1983.[1]
A letra da canción do título fai referencia ao xornalista Tim Sommer, amigo e compañeiro de Thurston Moore na banda Even Worse. Sommer traballaba en The Village Voice co famoso xornalista Robert Christgau, co que tiña unha boa relación, cousa que molestaba a Moore debido a que os primeiros traballos de Sonic Youth recibiran malas críticas por parte de Christgau.[2]
Recepción
Jason Birchmeier de AllMusic comentou, "Esas cancións lembran ás de Confusion Is Sex, só que están un pouco máis desenvolvidas, especialmente a canción do título e 'Brother James'. [Kill Yr Idols] resulta nun fascinante camiño a través dos primeiros lampos de xenialidade de Sonic Youth".[3]
Listaxe de cancións
Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras/voces | Duración | ||||||
1. | "Protect Me You" | Gordon | 5:28 | ||||||
2. | "Shaking Hell (1 & 2)" | Gordon | 4:06 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Kill Yr Idols" | Moore | 2:51 | ||||||
2. | "Brother James" | Gordon | 3:17 | ||||||
3. | "Early American" | Gordon | 6:07 |
Notas
- ↑ "Kill Yr Idols". www.sonicyouth.com. Consultado o 2020-08-28.
- ↑ Sommer, Tim. "I am the Yr in "Kill Yr idols": How I Inspired Sonic Youth's Iconic Song". InsideHook (en inglés). Consultado o 2020-08-28.
- ↑ "Kill Yr. Idols - Sonic Youth | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-08-28.