Kimiya Yui

Kimiya Yui
Datos persoais
Nacemento30 de xaneiro de 1970
LugarNagano
Actividade
MisiónsSoiuz TMA-17M, Expedição 44 e Expedição 45
Tempo no espazo141,67 días
editar datos en Wikidata ]

Kimiya Yui, nado en Nagano (Xapón) o 30 de xaneiro de 1970, é un astronauta xaponés que formou parte da misión Soiuz TMA-17M e foi membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Traxectoria

Yui graduouse na escola de ciencia e enxeñaría da Academia de Defensa Nacional do Xapón en 1992, sendo seleccionado como candidato a astronauta pola JAXA en febreiro de 2009, completando o seu adestramento en xullo de 2011. Participou na misión Soiuz TMA-17M e foi membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 141,67 días no espazo.[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Yui, Kimiya" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 JAXA (ed.). "YUI Kimiya" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2022. 

Véxase tamén

Outros artigos