King Kong

King Kong é o nome dun xigantesco gorila ficticio, que provén da Illa Caveira, e que apareceu en varios filmes, debuxos animados, novelas e xogos de ordenador, moitos dos cales levan por título o seu propio nome, como o gran clásico do cine de 1933, os remakes que se rodaron en 1976, 2005 e 2017 e numerosas secuelas.
A versión de Toho
A versión de Toho da versión orixinal de Hollywood apareceu en Toho Studios co filme King Kong vs Godzilla, e máis tarde en King Kong Escapes. Este Kong difería moito do orixinal en tamaño e capacidade. O seu King Kong era máis poderoso, posuíndo unha forza física e resistencia como a de Godzilla. Ademais este Kong tiña tamén moita intelixencia. Tendo a capacidade de aprender e adaptarse ao estilo de loita do adversario, identificar e explotar as debilidades do seu inimigo, e usar o ambiente para emboscadas e trampas.
En King Kong vs Godzilla (1962), Kong foi aumentado de tamaño até os 45 metros de altura. Ademais posuía a capacidade de facerse máis forte absorbendo enerxía eléctrica. Cando estaba totalmente cargado, Kong podía dirixir este poder contra un adversario por medio dun ataque eléctrico.
En King Kong Escapes (1967), un filme independente vagamente baseado na serie animada de televisión The King Kong Show, Kong medía 20 metros de altura. Era máis parecido ao Kong orixinal, en que el non tiña poderes especiais, ademais da súa grande forza e intelixencia. A diferenza da versión de Hollywood, este Kong non vive na Illa da Caveira. Na primeira película, viviu na Illa de Faro, mentres que no segundo filme, vivía en Mondo Island.
O King Kong (da película de King Kong vs Godzilla) foi recuperado para volver nun proxecto de 1966 da Toho chamado Operación Robinson Crusoe: King Kong vs Ebirah. Este filme sería coproducido por Arthur Rankin Jr e a Jules Bass Production Company. Con todo, Arthur Rankin, Jr rexeitou o script por non estar o suficiente preto do estilo da súa serie de debuxos animados The King Kong Show, na que o proxecto se debería basear.
Aparicións en filmes
Filme | Estrea nos Estados Unidos | Director(es) | Argumento | Guión | Produtor(es) | Distribuidora(s) |
---|---|---|---|---|---|---|
King Kong | 2 de marzo de 1933 | Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack | Edgar Wallace e Merian C. Cooper[1] | James Creelman e Ruth Rose | Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack | Radio Pictures |
Son of Kong | 22 de decembro de 1933 | Ernest B. Schoedsack | Ruth Rose | Ernest B. Schoedsack | ||
King Kong vs. Godzilla | 11 de agosto de 1962 | Ishirō Honda (Xapón) Thomas Montgomery (U.S.) |
Shinichi Sekizawa | Tomoyuki Tanaka (Xapón) John Beck (U.S.) |
Toho (Xapón) Universal International (U.S.) | |
King Kong Escapes | 22 de xullo de 1967 | Ishirō Honda | Arthur Rankin Jr. | Kaoru Mabuchi | Tomoyuki Tanaka e Arthur Rankin Jr. | |
King Kong | 17 de decembro de 1976 | John Guillermin | Lorenzo Semple Jr. | Dino De Laurentiis | Paramount Pictures | |
King Kong Lives | 19 de decembro de 1986 | Ronald Shusett e Steven Pressfield | Martha Schumacher | De Laurentiis Entertainment Group | ||
The Mighty Kong | 16 de xuño de 1998 | Art Scott | William J. Keenan | Denis deVallance Lyn Henderson |
Warner Bros. | |
Kong: King of Atlantis | 22 de novembro de 2005 | Patrick Archibald | Merian C. Cooper Edgar Wallace |
Allen Bohbot | BKN International | |
King Kong | 14 de decembro de 2005 | Peter Jackson | Fran Walsh, Philippa Boyens e Peter Jackson | Jan Blenkin, Carolynne Cunningham, Fran Walsh e Peter Jackson | Universal Studios | |
Kong: Return to the Jungle | 14 de novembro de 2006 | Stuart Evans | Sean Catherine Derek Rick Ungar |
Allen Bohbot Rick Ungar |
BKN International | |
Kong, a illa Caveira | 10 de marzo de 2017 | Jordan Vogt-Roberts | John Gatins | Dan Gilroy, Max Borenstein e Derek Connolly | Thomas Tull, Jon Jashni, Alex Garcia e Mary Parent | Warner Bros. |
Godzilla vs. Kong | Modelo:Start date | Adam Wingard | Terry Rossio, Michael Dougherty, e Zach Shields | Eric Pearson e Max Borenstein |
Televisión
- King Kong (debuxos animados)
- Kong: The Animated Series
Notas
![]() |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |