La Saïdia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | provincia de Valencia | |||
Comarca da Comunidade Valenciana | Comarca de València | |||
Concello | Valencia | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 47.499 (2023) (24.433,64 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1,944 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
La Saïdia é o distrito número 5 de Valencia, situado ao norte da Ciutat Vella, e se estende dende a marxe esquerda do río Turia até a avenida do Doctor Peset Aleixandre. Ao leste linda coa rúa de General Elío, o comezo da avenida de Vicent Blasco Ibáñez, e ao oeste a avenida de Burjassot. Componse dos barrios de Marxalenes, Morvedre, Trinitat, Tormos e Sant Antoni. A súa poboación censada no 2009 era de 49.775 habitantes segundo o Concello de Valencia.[1]
Toponimia
En castelán usan o topónimo Zaidía, unha castelanización do valenciano Saïdia, que á súa vez deriva do palacio que tivo o rei andalusí Zayd.[2]
Lugares destacables
O distrito ten moitos lugares de destacable importancia. Un é o Mosteiro da Trinitat, no barrio homónimo. Anteriormente era o punto de confluencia das vías do trenet de València que se dirixían dende Rafelbunyol, Burjassot e o Cabanyal até a estación da Pont de Fusta, situado no punto máis meridional do distrito, hoxe en día é o moderno tranvía o que percorre de oeste a leste o distrito. Tamén dispón de importantes parques municipais como os Jardins del Real e o de Marxalenes.
Poboación
O distrito tiña 49.320 habitantes en 2007, divididos en cinco barrios:
- Marxalenes (11.423)
- Morvedre (10.535)
- Trinitat (8.256)
- Tormos (8.960)
- Sant Antoni (10.146)
Notas
- ↑ "Districte 05. la Saïdia" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Marxalenes". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Geografía. Editorial Prensa Valenciana. 2009.