La Vie d'Adèle
La Vie d'Adèle | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Abdellatif Kechiche |
Produtor | Abdellatif Kechiche |
Guión | Ghalia Lacroix |
Baseado en | Le bleu est une couleur chaude de Julie Maroh |
Intérpretes | Adèle Exarchopoulos Léa Seydoux |
Fotografía | Sofian El Fani |
Montaxe | Ghalia Lacroix Albertine Lastera Camille Toubkis |
Estudio | Artificial Eye Canal+ Eurimages France 2 Cinéma Radio Télévision Belge Francofone Vertigo Films |
Distribuidora | Wild Bunch (Francia) Sundance Selects (USA) |
Estrea | 23 de maio de 2013 |
Duración | 179 minutos[1] |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | €4 000 000[2] |
Recadación | $19 500 000[3] |
Na rede | |
http://www.ifcfilms.com/films/blue-is-the-warmest-color | |
La Vie d'Adèle é un filme francés dirixido por Abdellatif Kechiche que se estreou no 2013. Está baseada na serie de banda deseñada Le bleu est une couleur chaude de Julie Maroh.
Sinopse
Cos seus 15 anos, Adèle (Adèle Exarchopoulos) non ten dúbidas de que unha rapaza debe saír con rapaces. O problema é que está a cuestionar a súa propia sexualidade. Así que cando unha noite coñece e se namora de Emma (Léa Seydoux), unha moza co cabelo tinguido de azul, os seus sentimentos e a súa identidade volveranse confusos. A súa atracción por unha muller, que comeza a descubrirlle o desexo e o camiño á madurez, someterá a Adèle a unha serie de xuízos por parte de familiares e amigos.
Personaxes
- Léa Seydoux como Emma
- Adèle Exarchopoulos como Adèle
- Salim Kechiouche como Samir
- Aurélien Recoing como Pai de Adèle
- Catherine Salée como Nai de Adèle
- Benjamin Siksou como Antoine
- Mona Walravens como Lise
- Alma Jodorowsky como Béatrice
- Jérémie Laheurte como Thomas
- Anne Loiret como Nai de Emma
- Benoît Pilot como Padrasto de Emma
- Sandor Funtek como Valentin
- Fanny Maurin como Amélie
- Maelys Cabezon como Laetitia
- Stéphane Mercoyrol como Joachim
- Aurelie Lemanceau como Sabine
Galardóns e nomeamentos
- 2013: Festival de Cannes: Palma de Ouro (Mellor filme) e Premio FIPRESCI.
- 2013: Premios do Cine Europeo: Nomeado a mellor filme e mellor director.
Notas
- ↑ "Blue Is the Warmest Colour (18)". Artificial Eye. British Board of Film Classification. 11 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2013.
- ↑ Fabre, Clarisse (24 de maio de 2013). "Des techniciens racontent le tournage difficile de "La Vie d'Adèle"". Le Monde (en francés). Consultado o 26 de maio de 2013.
- ↑ "Blue Is the Warmest Color (NC-17)". BoxOffice®. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2014.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- La Vie d'Adèle na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)