Laurales

Laurales

Loureiro (Laurus nobilis) flores e follas
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Laurales
Perleb
Familias

Atherospermataceae
Calycanthaceae
Gomortegaceae
Hernandiaceae
Lauraceae
Monimiaceae
Siparunaceae

Sinonimia
  • Calycanthales
  • [1]

As Laurales son unha orde das fanerógamas (plantas con flores), un grupo basal das anteriormente chamadas dicotiledóneas, relacionadas coas Magnoliales.

A orde ten arredor de 2.500 a 2.800 especies con 85 a 90 xéneros, con sete familias de árbores e arbustos. Moitas das especies son tropicais e subtropicais, con poucos xéneros de zona temperada.

O máis primitivo fósil das Laurales son do Cretáceo temperán. Posibelmente esta orixe tan ceda da orde sexa unha das razóns da súa alta diverxencia morfolóxica. Realmente non hai ningunha propiedade morfolóxica simple que unifique a todos os membros das Laurales. Os botánicos procuran a correcta circunscrición da orde, clasificando con análises moleculares xenéticas.

As familias a seguir inclúense no Grupo de Filoxenia das Anxiospermas

  • Familia Atherospermataceae
  • Familia Calycanthaceae
  • Familia Gomortegaceae
  • Familia Hernandiaceae
  • Familia Lauraceae
  • Familia Monimiaceae
  • Familia Siparunaceae

No vello sistema Cronquist, as Laurales incluían sets de familias lixeiramente diferentes (lugar corrente, onde hai diferenzas, entre parénteses):

  • Familia Amborellaceae (Orde Amborellales)
  • Familia Calycanthaceae
  • Familia Gomortegaceae
  • Familia Hernandiaceae
  • Familia Idiospermaceae (= Calycanthaceae pro parte)
  • Familia Lauraceae
  • Familia Monimiaceae (Cronquist incluía Atherospermataceae e Siparunaceae en Monimiaceae)
  • Familia Trimeniaceae (grupo basal sen *situación)

Notas

  • K.J. Perleb (1826). Lehrbuch der Naturgeschichte des Pflanzenreichs p. 174. Magner, Friburgo, Alemaña.
  • Renner, Susanne S. (maio de 2001) Laurales. In: Nature Encyclopedia of Life Sciences. Londres: Nature Publishing Group. doi:10.1038/npg.els.0003695 Abstract, Texto completo (pdf).
  • Renner S.S. (1999). Circumscription and phylogeny of the Laurales: evidence from molecular and morphological data. American Journal of Botany 86 (9): 1301-1315. Abstract, Full text (pdf).
  • Endress P.K., Igersheim A. (1997). Gynoecium diversity and systematics of the Laurales. Botanical Journal of the Linnean Society 125 (2): 93-168. doi:10.1006/bojl.1997.0113 Abstract.

Véxase tamén