Le comte Ory
Le comte Ory O conde Ory | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Francés |
Libretista | Scribe e Delestre-Poirson |
Fontes literarias | Segundo a obra dos libretistas de 1816 inspirada nunha balada medieval[1] |
Estrea | 20 de agosto de 1828 |
Teatro da estrea | Théâtre de l'Académie Royale de Musique[2] |
Lugar da estrea | París |
Duración | 2 horas 15 minutos[2] |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Biblioteca da Ópera, París (só o Prélude) |
Personaxes | |
Le comte Ory (en galego, O conde Ory) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Eugène Scribe e Charles-Gaspard Delestre-Poirson, segundo o seu vodevil Le Comte Ory do ano 1817, inspirado á súa vez nunha balada medieval. Foi estreada no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París o 20 de agosto de 1828.[2]
Parte da música procede da súa ópera Il viaggio a Reims escrita tres anos antes para a coroación de Carlos X.[3] A obra é ostensiblemente unha ópera cómica no sentido de que a historia é humorística, mesmo pura farsa. Non obstante, pensouse máis na Opéra que no Teatro da Opéra-Comique e hai inconsistencias estruturais co xénero contemporáneo da opéra comique: mentres que esta última está formada por números líricos relativamente curtos e diálogo falado, Le comte Ory está formado por "altamente desenvolvidas, mesmo macizas formas musicais unidas por recitativo acompañado".[4] Aínda que a ópera contén parte da escritura orquestral máis colorida de Rossini, a pintoresca e breve abertura é estrañamente contida e sen pretensións, acabando cun murmurio de cordas en pizzicato.
Personaxes
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 20 de agosto de 1828 (Director: François Antoine Habeneck) |
---|---|---|
Conde Ory | Tenor | Adolphe Nourrit |
Tutor | Barítono | Nicolas Levasseur |
Isolier | Mezzosoprano | Constance Jawureck |
Raimbaud | Barítono | Henri-Bernard Dabadie |
Adèle, condesa de Formoutiers | Soprano | Laure Cinti-Damoreau |
Ragonde | Mezzosoprano | Mori |
Alice | Soprano | |
Primeiro cabaleiro | Tenor | Alexis Dupont |
Segundo cabaleiro | Barítono | Jean-Étienne-August Eugène Massol |
Terceiro cabaleiro | Barítono | Henri-Bernard Dabadie el joven |
Cuarto cabaleiro | Barítono | Ferdinand Prévôt |
Coro dos cabaleiros de Ory, damas, cruzados, campesiños |
Notas
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 138. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Guía visual de la Ópera, Espasa.
- ↑ Osborne, Charles, p.18.
- ↑ Holden, p. 793
Véxase tamén
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |