Les Luthiers

Les Luthiers en 2008

Les Luthiers é un grupo cómico-musical arxentino moi popular tamén noutros países de lingua castelá. O grupo foi fundado en 1967 por Gerardo Masana, nunha época de grande intensidade da música coral nas universidades arxentinas. A súa principal característica son os instrumentos deseñados para o grupo, de onde lle vén o nome luthiers, que empregan nos seus concertos para producir música e textos de humor refinado. Dende 1977 e ata a súa morte en 2007 traballaron con Roberto Fontanarrosa, coñecido escritor arxentino.

En 2011 recibiron o premio Grammy Latino especial á Excelencia Musical[1] e en 2017 foilles concedido o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.[2]

Estilo musical

Les Luthiers comezaron escribindo pezas humorísticas en estilo barroco, imitando xéneros vocais como as cantatas, os madrigais e as serenatas. Máis adiante diversificaron os xéneros, ampliándoos dende os lieder e a ópera ao pop, a música mariachi e mesmo o rap. As súas actuacións adoitan estar mesturadas con fragmentos de humor, frecuentemente relacionadas con situacións absurdas da vida do músico ficticio Johann Sebastian Mastropiero.

Les Luthiers recoñeceron a influencia de Gerard Hoffnung e Peter Schikele na súa obra.[3] O "Profesor" Schikele inventou en 1965 a personaxe ficticia de P.D.Q. Bach, fillo de Johann Sebastian Bach e tamén inventou moitos instrumentos inusuales baseados noutros reais. Hoffnung publicou debuxos con instrumentos imaxinarios para orquestra. Malcolm Arnold probablemente fose a primeira persoa en escribir unha parodia usando estes instrumentos estraños cando compuxo A Grand, Grand Overture, peza para orquestra e aspiradoras dedicada ao presidente Herbert Hoover.[4]

Instrumentos informais

Les Luthiers son coñecidos por empregar instrumentos inventados creados a partir de materiais cotiáns. O primeiro instrumento, o bass-pipe a vara (especie de trombón), foi creado por Gerardo Masana unindo tubos de cartón atopados na lixo con outros obxectos. Corenta anos despois, o instrumento aínda se emprega nas actuacións.

O inventor e construtor de instrumentos Carlos Iraldi (1920–1995), "luthier Les Luthiers", foi o responsable de inventar algúns dos instrumentos máis sofisticados. Trala súa morte tomou o seu lugar Hugo Domínguez.

Membros actuais

  • Carlos López Puccio
  • Jorge Maronna
  • Carlos Núñez Cortés

Antigos membros

  • Gerardo Masana, fundador (finado en 1973)
  • Ernesto Acher (abandonou o grupo en 1986)
  • Daniel Rabinovich (finado en 2015)
  • Marcos Mundstock (finado en 2020)

Espectáculos

  • Les Luthiers cuentan la ópera (1967)
  • Todos somos mala gente (1968)
  • Blancanieves y los siete pecados capitales (1969)
  • Querida Condesa (1969)
  • Les Luthiers Opus Pí (1971)
  • Recital '72 (1972)
  • Recital sinfónico '72 (1972)
  • Recital '73 (1973)
  • Recital '74 (1974)
  • Recital '75 (1975)
  • Viejos fracasos (1976)
  • Mastropiero que nunca (1977)
  • Les Luthiers hacen muchas gracias de nada (1979)
  • Los clásicos de Les Luthiers (1980)
  • Luthierías (1981)
  • Por humor al arte (1983)
  • Humor dulce hogar (1985)
  • Recital sinfónico '86 (1986)
  • Viegésimo aniversario (1987)
  • El reír de los Cantares (1989)
  • Les Luthiers, Grandes Hitos (1992)
  • Unen canto con humor (1994)
  • Bromato de armonio (1996)
  • Todo por que rías (1999)
  • Do, Re, Mi, Já (2000)
  • El Grosso Concerto (2001)
  • Las Obras De Ayer (2002)
  • Con Les Luthiers y sinfónica (2004)
  • Recital Folklórico Cosquín (2005)
  • Los Premios Mastropiero (2005)
  • Recital por los Cuarenta Años (2007)
  • Lutherapia (2008)
  • Chist (2011)
  • Viejos Hazmerreíres (2014)

Discografía

  • Sonamos Pese A Todo (1971)
  • Cantata Laxatón (1972)
  • Les Luthiers (volumen 3) (1973)
  • Les Luthiers (volumen 4) (1976)
  • Mastropiero que nunca (1979)
  • Muchas gracias de nada (1980)
  • Les Luthiers (volumen 7) (1983)
  • Cardoso en Gulevandia (1991)
  • Les Luthiers En Vivos (2007)
  • Les Luthiers Mas Vivos (2013)

Notas

  1. The Recording Academy, ed. (2015). "Premios Especiales - Latin Grammy". Consultado o 21-10-2015. 
  2. "Les Luthiers, Premio Princesa de Asturias de Comunicación y Humanidades 2017". El País (en castelán). 10-5-2017. Consultado o 10-5-2017. 
  3. Masana, Sebastián (2005). Gerardo Masana y la fundación de Les Luthiers. Grupo Editorial Norma. p. 240. 
  4. "Another Evening of Hoffnung". The Times. 11 de febreiro de 1963. p. 5. 

Véxase tamén

Ligazóns externas