Leucipo de Mileto

Leucipo de Mileto
Nacementoséculo V a. C.
Lugar de nacementoMileto
Falecementoséculo V a. C.
NacionalidadeMileto
Ocupaciónfilósofo e físico
editar datos en Wikidata ]

Leucipo de Mileto, nado contra o 500 a.C., foi un filósofo grego.

Traxectoria

Leucipo é considerado mestre de Demócrito de Abdera e, quizais, o verdadeiro creador do atomismo (segundo a tese de Aristóteles). Ao respecto practicamente nada é coñecido. Non hai certeza nin sobre o lugar de nacemento (algúns cren que pode ter sido Abdera ou Elea). Especúlase que era mais novo que Parménides de Elea e parece ter sido contemporáneo de Anaxágoras de Clazomenas e de Sócrates. Desde o punto de vista teórico, é posíbel trazar unha ascendencia ao pensamento de Meliso de Samos e Zenón de Elea. A tradición atribuíulle a autoría dun único libro titulado A grande orde do mundo. Talvez escribise un segundo libro, que se titularía Sobre o espírito, pero este escrito pode ter sido só un capítulo da obra anterior.

Véxase tamén

Outros artigos