Liga ACB 2011–12
Tipo | Liga ACB ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Liga ACB ![]() |
Número de participantes | 18 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Período de tempo | tempada 2011-2012 ![]() |
Intervalo de tempo | 8 de outubro de 2011 – 16 de xuño de 2012 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona Bàsquet ![]() |
Datos estatísticos | |
Puntos por partido | Andy Panko ![]() |
A tempada 2011-12 da Liga ACB foi a 29ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 8 de outubro de 2011, e rematou o 16 de xuño de 2012 co quinto e derradeiro encontro da final.
Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e de seguido os 8 primeiros equipos da táboa comezaron a disputa das eliminatorias polo título. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon de categoría, malia que diversas razóns económicas permitiron que os dous recuperasen a categoría.
Tempada regular
A tempada regular rematou o 6 de maio de 2012 despois da disputa de 34 xornadas. O Regal FC Barcelona acadou o primeiro posto da táboa con 29 vitorias, seguido polo Real Madrid Basket que venceu en 26 encontros. Pola parte baixa da táboa o máis salientable foi a clasificación do Asefa Estudiantes en postos do descenso de categoría por vez primeira na súa longa historia, se ben finalmente non se levou a cabo por cuestións administrativas. O Blu:sens Monbus Obradoiro, único representante galego na elite do baloncesto español, levou a cabo a mellor tempada da súa historia, acadando a permanencia na penúltima xornada, e rematou a súa participación con 13 vitorias. Así quedou a táboa clasificatoria ó cabo das 34 xornadas da tempada regular:
Rolda final
Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Cada eliminatoria dos cuartos de final decidíase ó mellor de 3 encontros, mentres que as semifinais e a final decidíronse ó mellor de 5 encontros. Así foron os emparellamentos das eliminatorias finais polo título:
Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
1 - Regal FC Barcelona | 2 | |||||||||
8 - CB Lucentum | 0 | |||||||||
1 - Regal FC Barcelona | 3 | |||||||||
4 - Valencia BC | 1 | |||||||||
4 - Valencia BC | 2 | |||||||||
5 - Lagun Aro GBC | 1 | |||||||||
1 - Regal FC Barcelona | 3 | |||||||||
2 - Real Madrid | 2 | |||||||||
2 - Real Madrid | 2 | |||||||||
7 - Banca Cívica | 0 | |||||||||
2 - Real Madrid | 3 | |||||||||
3 - Caja Laboral | 2 | |||||||||
3 - Caja Laboral | 2 | |||||||||
6 - Gescrap Bizkaia | 0 | |||||||||
O campión definitivo da edición 2011/12 da Liga ACB foi o Regal FC Barcelona, que bateu na final ó MMT Real Madrid por 3 encontros a 2. Esta vitoria supuxo o 14º título de Liga ACB para o club catalán, que así aumentou a súa vantaxe no palmarés desta competición sobre o Real Madrid (8 títulos).
O xogador culé Erazem Lorbek foi elixido MVP da final.
Estatísticas da tempada regular
Máximo anotador: | ![]() |
Valoración: | ![]() |
Máximo reboteador: | ![]() |
Máximo asistente: | ![]() |
Máximo taponador: | ![]() |
Máximo recuperador: | ![]() |
Máximo machacador: | ![]() |
Porcentaxe tiros 1: | ![]() |
Porcentaxe tiros 2: | ![]() |
Porcentaxe tiros 3: | ![]() |
Premios
- MVP da Tempada
- Xogador máis espectacular
- Xogador revelación
- Micah Downs - Assignia Manresa
- Xogador máis deportivo
- Mellor adestrador
- Xavi Pascual - FC Barcelona Regal
- Quinteto ideal da tempada
Posición | Xogador | Equipo |
---|---|---|
Base | ![]() |
Real Madrid |
Escolta | ![]() |
Lagun Aro GBC |
Aleiro | ![]() |
Lagun Aro GBC |
Ala-pívot | ![]() |
Caja Laboral |
Pívot | ![]() |
FC Barcelona Regal |