Limasol[1] (en grego: Λεμεσός, Lemesós; en turco: Leymosun) ou Lemesos é unha cidade chipriota. É a segunda cidade máis extensa de Chipre e a capital do Distrito de Limasol. Atópase na costa sur do país, na baía de Akrotiri. Limasol foi construída entre dúas cidades antigas, Amatunte e Curio, polo que durante o Imperio bizantino coñecíase como Neápolis (Nova Cidade).
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua(PDF). ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 17 de decembro de 2015.