Linas Kleiza
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1985 (39 anos) Kaunas, Unión Soviética |
Nacionalidade | Lituania |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Posición | Ala-pivote / Ala |
Información da carreira | |
Universidade | Missouri (2003–2005) |
Carreira | 2005−2015 |
Historial de equipos | |
Denver Nuggets (2005–2009) Olympiacos (2009–2010) Toronto Raptors (2010–2013) Fenerbahçe Ülker (2013–2014) Olimpia Milano (2014–2015) |
Linas Kleiza, nado en Kaunas o 3 de xaneiro de 1985, é un ex xogador de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,03 metros e podía xogar nas posicións de ala-pivote e de ala.
Traxectoria
Kleiza foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Portland Trail Blazers. Os Trail Blazers traspasaron os seus dereitos xunto a Ricky Sanchez ós Denver Nuggets a cambio de Jarrett Jack. Na súa tempada coma rookie, acadou 3.5 puntos en 8.5 minutos por encontro. O 10 de agosto de 2009, Kleiza asinou un contrato de dous anos e 8.6 millóns de euros co Olympiacos grego. Fixo 17.2 puntos e 6.4 rebotes por partido na Euroliga, onde o Olympiacos chegou á final. Kleiza liderou o torneo en anotación, conseguindo así o Trofeo Alphonso Ford, e converténdose no primeiro xogador lituano en conseguilo. O 7 de xullo de 2010 rematou o seu contrato co Olympiacos, e asinou un contrato de catro anos e 20 millóns de dólares cos Toronto Raptors.[1] O 16 de xullo de 2013, os Raptors utilizaron a cláusula de amnistía para cortar a Kleiza.[2]
O 26 de xullo de 2013, Kleiza asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe Ülker.[3] O 1 de xullo de 2014, Kleiza deixou de ser xogador do Fenerbahçe.[4] O 21 de xullo de 2014, Kleiza asinou un contrato dun ano co Emporio Armani Milano.[5]
Notas
- ↑ "Raptors Sign Kleiza To Offer Sheet". NBA.com. 8 de xullo de 2010. Consultado o 2010-07-08.
- ↑ "Raptors Exercise Amnesty Provision On Kleiza". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ "FENERBAHCE ULKER inks former Ford Trophy winner Kleiza". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ "Fenerbahce officially part ways with Kleiza, Karaman, McCalebb, Ermis". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ "EA7 Emporio Armani Milan lands Kleiza for one season". Euroleague.net. Consultado o 21 de xullo de 2014.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 05 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Eurobasket.com (en inglés)
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)