Lingua camsá

Camsá
Camëntsëá
Falado en: Colombia
Rexións: Putumayo
Total de falantes: 4 000 (2008)
Familia: Linguas illadas
 Camsá
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kbh
Mapa
Status

O camsá está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua camsá (ás veces tamén escrita como kamsá ou kamse), tamén coñecida cos nomes de mocoa, sibundoy, coche ou kamemtxa/camëntsëá, é unha lingua illada propia do pobo camsá, que habita principalmente no val de Sibundoy, no departamento de Putumayo, no sur de Colombia.

Variedades

Mason (1950) lista os nomes das variedades do coche (mocoa).[2]

  • Sebondoy
  • Quillacinga
  • Patoco

Gramática

O camsá é unha lingua polisintética con prefixos e sufixos.[3] Ten números duais, o cal é infrecuente nas linguas do seu arredor.[4][3]

Notas

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Mason, John Alden (1950). "The languages of South America". En Steward, Julian. Handbook of South American Indians 6. Washington, D.C., Government Printing Office: Smithsonian Institution, Bureau of American Ethnology Bulletin 143. pp. 157–317. 
  3. 3,0 3,1 O'Brien (2018), p. 27
  4. Fabre (2001)

Véxase tamén

Bibliografía