Linguas de Colombia
Máis do 99,2% dos colombianos falan a lingua castelá; tamén se falan no país 65 linguas indíxenas, dúas linguas crioulas e o romaní. O inglés ten status oficial no Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina.[1][2][3]
Incluíndo o castelán, a base de datos Ethnologue nomea 101 linguas en Colombia. O número específico de linguas faladas varía lixeiramente xa que algúns autores consideran linguas diferentes o que outros consideran variedades ou dialectos da mesma lingua. As mellores estimacións numeran en 71 linguas as faladas no país, a maioría delas pertencentes ás familias lingüísticas chibcha, tucana, bora–witoto, guahibana, arauaca, caribe, barbacoana e salibana. Estímase que o número de falantes de linguas indíxenas rolda os 850 000.[4][5]
As 65 linguas indíxenas que existen no presente poden ser agrupadas en 12 familias lingüísticas e 10 linguas illadas, aínda non clasificadas.[1] As doce familias lingüísticas son a chibcha, de probable orixe centroamericana, as grandes familias suramericanas arauaca, caribe, quechua e tupí, sete familias só presentes a nivel rexional (chocó, guahibana, salibana, makú, witoto, bora, tucana). As linguas illadas máis importantes son o andoque, o cofán, o camsá, o páez, o ticuna, o tinigua, o yagua e o yurí.[1]
Clasificación
Nesta táboa aparecen clasificadas as linguas de Colombia, agrupadas en 11 familias indíxenas (as linguas bora e witoto aparecen xuntas) e as de orixe indoeuropeo. Tamén aparecen as linguas illadas e sen clasificar. As linguas mortas están sinaladas con símbolo (†).
Clasificación das linguas indíxenas de Colombia | |||||
Familia lingüística | Grupo | Lingua | Territorio | ||
Arauacas |
Arauacas do norte | Achagua | Meta | ||
Baniwa | Río Içana | ||||
Cabiyari | Mirití-Paraná | ||||
Kurripako | Río Içana | ||||
Maipure (†) | Vichada | ||||
Piapoco | Guainía, Vichada, Meta | ||||
Yucuna | Mirití-Paraná | ||||
Wayuu | La Guajira | ||||
Barbacoanas |
Awa | Awá pit | Nariño | ||
Pasto (†) | Nariño | ||||
Muellama (†) | Nariño | ||||
Coconucos | Coconuco (†) | Cauca | |||
Guambiano | Cauca | ||||
Totoró | Cauca | ||||
Bora-witoto |
Bora | Bora | Amazonas | ||
Miraña | Amazonas | ||||
Muinane | Amazonas | ||||
Witoto | Meneca-murui | Amazonas | |||
Nonuya | Amazonas | ||||
Ocaina | Amazonas | ||||
Caribes | Norte | Costeiro | Yukpa | Cesar | |
Opón-carare (†) | Santander | ||||
Sur | Sueste de Colombia | Carijona | Amazonas, Guaviare | ||
Chibchas | Magdalénico | Arhuaco | Arhuaco | Cesar, Magdalena | |
Atanque | Cesar | ||||
Kogui | Magdalena | ||||
Tairona | Magdalena, La Guajira, Cesar | ||||
Wiwa | Cesar | ||||
Cundicocúyico | Duit (†) | Boyacá | |||
Muisca (†) | Cundinamarca, Boyacá | ||||
Guane (†) | Santander | ||||
U'wa | ARA, BOY, NSA, SAN | ||||
Barí | Barí | Cesar, Norte de Santander | |||
Chimila | Chimila | Magdalena | |||
Ístmico | Guna | Guna | Golfo de Urabá, río Atrato | ||
Chocó |
Emberá | Emberá | Rexión do Pacífico de Colombia | ||
Waunana | Wounaan | Chocó, Cauca, Valle del Cauca | |||
Guahibana |
Norte | Macaguán | Arauca | ||
Churuya (†) | Meta | ||||
Central | Guahibo | Meta, Vichada, Arauca, Guainía, Guaviare | |||
Cuiba | Casanare, Vichada, Arauca | ||||
Sur | Guayabero | Meta, Guaviare | |||
Indoeuropeas | Itálicas | Castelán | En todo o país | ||
Xermánicas | Inglés | San Andrés e Providencia | |||
Indoirania | Romaní | Principais cidades | |||
Nadahup | Norte | Kakwa-nukak | Kakwa | Ríos Papuri e Vaupés | |
Nukak | Guaviare | ||||
Puninave | Puinave | Guainía | |||
Nadajup | Jup | Yujup | Ríos Japurá e Tiquié | ||
Jupda | Ríos Papuri e Tiquié | ||||
Quechuas |
Quechua II | Chinchay (Q II-B) | Kichwa | Cauca, Nariño, Putumayo | |
Piaroa-salibanas | Salibanas | Saliba | Arauca, Casanare | ||
Piaroa | Piaroa | Vichada | |||
Wirö | Vichada | ||||
Tucanas | Occidental | Noroccidental | Koreguaje | Río Orteguaza | |
Macaguaje (†) | |||||
Yauna (†) | |||||
Siona | Río Putumayo | ||||
Central | Norte | Cubeo | Vaupés, Cuduyarí Querarí, Pirabotón | ||
Sur | Tanimuca | Guacayá, Mirití Oikayá, Aporis | |||
Leste | Norte | Piratapuya | Papurí | ||
Tucano (pisamira) | Papurí, Caño Paca | ||||
Wanano | Vaupés | ||||
Central | Waimajã | Colorado, Fríjol Lobo, Tiquié | |||
Desano | Vaupés | ||||
Siriano | Vaupés | ||||
Tatuyo | Vaupés | ||||
Tuyuca | Tiquié | ||||
Yurutí | Vaupés | ||||
Sur | Barasana | Vaupés | |||
Carapana | Vaupés | ||||
Macuna | Vaupés | ||||
Tupís |
Tupí-guaraní | Cocama–omagua | Cocama | Putumayo | |
Illadas |
Andoque | río Japurá | |||
Ticuna | Leticia, Puerto Nariño | ||||
Betoi (†) | Casanare | ||||
Camsá | Putumayo | ||||
Cofán | Nariño, Putumayo | ||||
Tinigua | Meta, Caquetá | ||||
Pamigua (†) | Meta | ||||
Sen clasificar |
Páez | Cauca, Huila, Valle del Cauca | |||
Andaquí (†) | Caquetá | ||||
Colima (†) | Cundinamarca | ||||
Malibú (†) | Tamalameque, Tenerife | ||||
Mocana (†) | Cartaxena de Indias | ||||
Muzo (†) | Cundinamarca | ||||
Panche (†) | Cundinamarca | ||||
Pijao (†) | Tolima | ||||
Yarí | Caquetá | ||||
Yurí (†) | Amazonas |
Linguas de sinais
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Languages of Colombia" (en castelán). banrepcultural.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013.
- ↑ "Jon Landaburu, Especialista de las lenguas de Colombia" (en castelán). ambafrance-co.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013.
- ↑ "Map of the languages of Colombia" (en castelán). lenguasdecolombia.gov.co. Consultado o 9 de outubro de 2013.
- ↑ "The Languages of Colombia". Ethnologue.com. Consultado o 16 de maio de 2010.
- ↑ "Native languages of Colombia" (en castelán). lenguasdecolombia.gov.co. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2014. Consultado o 25 de marzo de 2014.
Véxase tamén
Bibliografía
- Aikhenvald, Alexandra Y. & R. M. W. Dixon (1999). "13. Other Small families and isolates". En Alexandra Y. Aikhenvald & R. M. W. Dixon. The Amazoninan Languages (PDF) (en inglés) (1ª ed.). Cambridge University Press. pp. 341–383. ISBN 0 521 57021 2.
- Kaufman, Terrence (1990). "Language History in South America: What we know and how to know more". En David L. Payne. Amazonian Linguistics. Austin: University of Texas Press.
- Adelaar, Willem (2004). The Languages of the Andes. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-36275-7.