Linkin Park

Linkin Park
OrixeOs Ánxeles (California),
Período1996 - presente
Xénero(s)rock alternativo, nu metal, metal alternativo, rap rock
Selo(s) discográfico(s)Warner Brothers Records
Machine Shop Recordings
MembrosChester Bennington
Mike Shinoda
Joe Hahn
Brad Delson
Rob Bourdon
Dave Farrell
Artistas relacionadosJay-Z, Steve Aoki
Na rede
http://www.linkinpark.com
IMDB: nm1245493 Facebook: linkinPark Twitter: linkinpark Instagram: linkinpark Tumblr: linkinpark VK: linkinpark MySpace: linkinpark Youtube: UCZU9T1ceaOgwfLRq7OKFU4Q TikTok: linkinpark Souncloud: linkin_park Spotify: 6XyY86QOPPrYVGvF9ch6wz iTunes: 148662 Last fm: Linkin+Park Musicbrainz: f59c5520-5f46-4d2c-b2c4-822eabf53419 Songkick: 96404 Discogs: 40029 Allmusic: mn0000289599 Deezer: 92 Genius: Linkin-park Editar o valor em Wikidata

Linkin Park é un grupo estadounidense de música nu metal con orixe en California. Dende a súa formación en 1996, o grupo vendeu máis de cincuenta millóns de álbums e gañou dous Grammys[1][2].

Historia

Comezos

Os comezos da banda remóntanse a un pequeno estudo do MC/vocalista Mike Shinoda, onde el e Brad Delson gravaron o primeiro material da banda en 1996. Os dous foran xuntos ao instituto, onde coñeceron ao batería do grupo, Rob Bourdon[3]. Shinoda contactou co DJ Joe Hahn cando estudaba ilustración no Art Center College de Pasadena. Nese momento, denominábanse Xero e gravaron varias demos. Nunca conseguiron un contrato e o proxecto non prosperou. Entón Mike Shinoda decidiu contratar un vocalista.

Conseguiron a Chester Bennington, natural de Arizona, que comezou gravando discos cando tiña 16 anos no grupo Grey Daze. Trala integración de Bennington, o grupo chamouse Hybrid Theory (a idea vén da mestura de diferentes estilos que querían unir, con todo, debido a un problema de marca rexistrada cun grupo chamado Hybrid, víronse forzados a cambiar de nome outra vez. Bennington suxeriu Lincoln Park, por onde pasaba co coche ao volver dos ensaios. Con todo o dominio "lincolnpark.com" custaba máis do que a banda podíase permitir, así que cambiaron a ortografía a Linkin Park[3]

Hybrid Theory

Chester Bennington.

Traballando nun selo independente, a banda gravou o álbum Hybrid Theory EP, composto polos temas "Carousel", "Technique", "Step Up", "And One", High Voltage", "Part of Me".

Logo de asinar con Warner Brothers en 1999, o seu primeiro álbum, Hybrid Theory, púxose á venda no ano 2000[4]. Foi o disco máis vendido nos EUA e Nova Zelandia no 2001, cos éxitos "One Step Closer", "Crawling", "Papercut", "In The End" e "Points of Authority". Cabe destacar a ausencia de linguaxe malsoante no álbum, en contraste con moitas outras cancións de grupos de nu metal.

Linkin Park formou parte do Ozzfest no 2001, de xira xunto a Marilyn Manson, Slipknot, Crazy Town, Papa Roach, e Disturbed. Linkin Park tamén creou a súa propia xira - Projekt: Revolution, na que participaron Cypress Hill, Adema, DJ Z-Trip, Xzibit, Mudvayne e Blindside[4].

Hybrid Theory vendeu case 20 millóns de copias, aínda que tamén recibiu moitas críticas debido ás letras das cancións.

No 2002, lanzaron un álbum de remesturas de Hybrid Theory, chamado Reanimation, que incluía entre outros, un remix da canción "Points Of Authority" chamado "Pts.of.Athrty", o cal sería un dos videoclips do álbum xunto con "Frgt/10", o remix de "Forgotten"[5].

Meteora

No 2003 sacaron á venda o seu segundo álbum de estudio, Meteora, que debutou no número 1 nos EUA e no Reino Unido, e no número 2 en Australia. Incluía os sinxelos "Somewhere I Belong", "Faint", "Numb", "From The Inside" e "Breaking The Habit". A finais de ano, uniron as súas forzas con Limp Bizkit e Metallica para o Summer Sanitarium Tour 2003[6]. Desta xira, Linkin Park sacou á venda un CD/DVD chamado Live in Texas. Contiña cancións dos seus tres discos anteriores e foi gravado en directo nas súas actuacións do Summer Sanitarium Tour en Dallas e Houston, Texas, deste cd en vivo sacaron un sinxelo, "Lying From You". Nese mesmo ano tamén realizaron unha curta xira europea.

En 2004, Linkin Park creou a xira Meteora World Tour. Incluía aos grupos P.O.D., Hoobastank, e Story of the Year. Tamén realizaron un tour por Oceanía e o Sueste asiático.

Collison Course e outros traballos

O 30 de novembro de 2004, lanzaron Collision Course, unha colaboración co rapeiro Jay-Z na que presentaban remesturas de cancións de Hybrid Theory e Meteora empregando letras do repertorio de Jay-Z. Entre elas esta "Numb/Encore", o único sinxelo sacado deste álbum, esta canción combina "Numb" de Linkin Park da súa álbum "Meteora" e "Encore" de Jay-Z da súa álbum The Black Album. Collision Course debutou no número 1 nos EUA, pero só conseguiu o posto 17 no Reino Unido.

Desde ese momento dedicáronse a facer un pequeno descanso, e tamén participaron en diversas accións inmersas en Music For Relief[7] así como unha actuación no Live 8 xunto a Jay-Z. Mentres tanto, dous dos seus compoñentes preparan traballos en solitario: Mike Shinoda, baixo a agrupación Fort Minor lanzou un álbum o 22 de novembro do 2005 chamado The Rising Tied, e doutra banda Chester tamén formou o seu propio grupo chamado Snow White Tan cuxo álbum xa está realizado, pero se espera que salga á venda para o 2008.

Minutes To Midnight

Concerto en 2007.

O 6 de marzo de 2007, Mike Shinoda publicou no seu MySpace (Fort Minor) e no de Linkin Park un post acerca do novo álbum, que se chamou Minutes To Midnight, e foi lanzado en maio de 2007[8]. O primeiro sinxelo, que se chamou "What I've Done", foi lanzado o 2 de abril[9] . O seu produtor para este disco foi Rick Rubin, quen traballou con artistas como Red Hot Chili Peppers, Audioslave, Metallica, Weezer ou System of a Down.

Membros

Discografía

Álbums

Álbum Ano Selo Observacións
Hybrid Theory EP 1999 Mix Media EP
Hybrid Theory 2000 Warner Bros. Records
Reanimation 2002 Warner Bros. Records remesturas
Meteora 2003 Warner Bros. Records
Live in Texas 2003 Warner Bros. Records directo
Collision Course 2004 Roc-A-Fella, Machine Shop, Warner Bros., Def Jam EP
Minutes To Midnight 2007 Warner Bros. Machine Shop
Road to Revolution: Live at Milton Keynes 2008 Warner Bros. Machine Shop drecto
A Thousand Suns 2010 Warner Bros., Machine Shop
Living Things 2012 Warner Bros., Machine Shop
The Hunting Party 2014 Warner Bros., Machine Shop
One More Light 2017 Warner Bros., Machine Shop

Sinxelos

Linkin Park no Summer Sonic en 2006
  • 2000 - "One Step Closer"
  • 2001 - "Crawling"
  • 2001 - "Papercut"
  • 2001 - "In the End"
  • 2002 - "Pts.of.Athrty"
  • 2003 - "Somewhere I Belong"
  • 2003 - "Faint"
  • 2003 - "Numb"
  • 2004 - "From the Inside"
  • 2004 - "Lying From You"
  • 2004 - "Breaking the Habit"
  • 2004 - "Numb/Encore" (con Jay-Z)
  • 2007 - "What I've Done"
  • 2007 - "Bleed It Out"
  • 2007 - "Shadow of the Day"
  • 2008 - "Given Up"
  • 2008 - "We Made It" (con Busta Rhymes)
  • 2008 - "Leave Out All the Rest"
  • 2009 - "New Divide"
  • 2010 - "The Catalyst"
  • 2010 - "Waiting for the End"
  • 2011 - "Burning in the Skies"
  • 2011 - "Iridescent"

Notas

  1. Rock On The Net, Premios Grammy: Mellor colaboración Rap
  2. Rock On The Net Premios Grammy: Mellor actuación de Rock
  3. 3,0 3,1 AskMen.com, Linkin Park – Biografía Arquivado 05 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.
  4. 4,0 4,1 Lptimes.com, [1] Arquivado 23 de xullo de 2014 en Wayback Machine. Historia de Linkin Park
  5. United Stations Radio Network, 'Reanimation' Lanzado o 30 de xullo Arquivado 18 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
  6. VH1.com, Linkin Park : Biografía Arquivado 05 de marzo de 2010 en Wayback Machine.
  7. VoaNews,[2] Arquivado 02 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Linkin Park lanza un fondo para as vítimas do tsunami
  8. Warner Bros. Records, Fans contando os "minutos" trala revelación do nome e data de lanzamento do álbum de Linkin Park[Ligazón morta]
  9. Videostatic, Estreas da MTV no 2/4/07 Arquivado 14 de outubro de 2012 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Ligazóns externas