Lista de mares lunares
Esta é unha listaxe dos maria (grandes e escuras chairas basálticas) da Lúa. Tamén se inclúe océanos e as súas variantes denominadas lacus, palus e sinus. O sistema de nomenclatura lunar moderna foi introducida no 1651 por Giovanni Batista Riccioli e o seu mapa da Lúa foi debuxado por Francesco Maria Grimaldi, ao que se lle dedicou o nome dun cráter.
Mares e océanos
Nome en latín | Nome en galego | Coordenadas | Diámetro |
---|---|---|---|
Mare Anguis | Mar da Serpe | 22°36′N 67°42′L / 22.6, 67.7 | 150 km |
Mare Australe | Mar Austral | 38°54′S 93°00′L / -38.9, 93.0 | 603 km |
Mare Cognitum | Mar Coñecido | 10°00′S 23°06′O / -10.0, -23.1 | 376 km |
Mare Crisium | Mar da Crise | 17°00′N 59°06′L / 17.0, 59.1 | 418 km |
Mare Fœcunditatis | Mar da Fertilidade | 7°48′S 51°18′L / -7.8, 51.3 | 909 km |
Mare Frigoris | Mar do Frío | 56°00′N 1°24′L / 56.0, 1.4 | 1596 km |
Mare Humboldtianum | Mar de Alexander von Humboldt | 56°48′N 81°30′L / 56.8, 81.5 | 273 km |
Mare Humorum | Mar da Humidade | 24°24′S 38°36′O / -24.4, -38.6 | 389 km |
Mare Imbrium | Mar da Choiva | 32°48′N 15°36′O / 32.8, -15.6 | 1123 km |
Mare Ingenii | Mar do Enxeño | 33°42′S 163°30′L / -33.7, 163.5 | 318 km |
Mare Insularum | Mar das Illas | 7°30′N 30°54′O / 7.5, -30.9 | 513 km |
Mare Marginis | Mar Marxinal | 13°18′N 86°06′L / 13.3, 86.1 | 420 km |
Mare Moscoviense | Mar de Moscovia | 27°18′N 147°54′L / 27.3, 147.9 | 277 km |
Mare Nectaris | Mar do Néctar | 15°12′S 35°30′L / -15.2, 35.5 | 333 km |
Mare Nubium | Mar das Nubes | 21°18′S 16°36′O / -21.3, -16.6 | 715 km |
Mare Orientale | Mar Oriental | 19°24′S 92°48′O / -19.4, -92.8 | 327 km |
Mare Serenitatis | Mar da Serenidade | 28°00′N 17°30′L / 28.0, 17.5 | 707 km |
Mare Smythii | Mar de William Henry Smyth | 1°18′N 87°30′L / 1.3, 87.5 | 373 km |
Mare Spumans | Mar Espumoso | 1°06′N 65°06′L / 1.1, 65.1 | 139 km |
Mare Tranquillitatis | Mar da Tranquilidade | 8°30′N 31°24′L / 8.5, 31.4 | 873 km |
Mare Undarum | Mar das Ondas | 6°48′N 68°24′L / 6.8, 68.4 | 243 km |
Mare Vaporum | Mar dos Vapores | 13°18′N 3°36′L / 13.3, 3.6 | 245 km |
Oceanus Procellarum | Océano das Tormentas | 18°24′N 57°24′O / 18.4, -57.4 | 2568 km |
- A rexión lunar Mare Desiderii (Mar dos Desexos), descuberta pola sonda Lúa 3 no lado oculto da Lúa, foi clasificada nun comezo como un mar lunar, pero a Unión Astronómica Internacional xa non a considera como tal. Unha parte dela é o actual Mare Ingenii. Anteriormente foron considerados maria:
- Mare Parvum (''Mar Pequeno''), inmediatamente ó leste do cráter Inghirami.
- Mare Incognitum (''Mar Descoñecido'').
- Mare Novum (''Mar Novo''), ao nordeste do cráter Plutarch.
- Mare Struve (''Mar de Struve''), cerca do cráter Messala.
Lagos
Un conxunto de variantes son os lagos lunares ou lacus (termo latino para ''lago''), que son chairas máis pequenas de orixe semellante:
Nome en latín | Nome en galego | Coordenadas | Diámetro |
---|---|---|---|
Lacus Aestatis | Lago do Verán | 15°00′S 69°00′O / -15.0, -69.0 | 90 km |
Lacus Autumni | Lago do Outono | 9°54′S 83°54′O / -9.9, -83.9 | 183 km |
Lacus Bonitatis | Lago da Bondade | 23°12′N 43°42′L / 23.2, 43.7 | 92 km |
Lacus Doloris | Lago da Dor | 17°06′N 9°00′L / 17.1, 9.0 | 110 km |
Lacus Excellentiae | Lago da Excelencia | 35°24′S 44°00′O / -35.4, -44.0 | 184 km |
Lacus Felicitatis | Lago da Felicidade | 19°00′N 5°00′L / 19.0, 5.0 | 90 km |
Lacus Gaudii | Lago do Gozo | 16°12′N 12°36′L / 16.2, 12.6 | 113 km |
Lacus Hiemalis | Lago do Inverno | 15°00′N 14°00′L / 15.0, 14.0 | 50 km |
Lacus Lenitatis | Lago da Brandura | 14°00′N 12°00′L / 14.0, 12.0 | 80 km |
Lacus Luxuriae | Lago da Luxuria | 19°00′N 176°00′L / 19.0, 176.0 | 50 km |
Lacus Mortis | Lago da Morte | 45°00′N 27°12′L / 45.0, 27.2 | 151 km |
Lacus Oblivionis | Lago do Esquecemento | 21°00′S 168°00′O / -21.0, -168.0 | 50 km |
Lacus Odii | Lago do Odio | 19°00′N 7°00′L / 19.0, 7.0 | 70 km |
Lacus Perseverantiae | Lago da Perseveranza | 8°00′N 62°00′L / 8.0, 62.0 | 70 km |
Lacus Solitudinis | Lago da Soidade | 27°48′S 104°18′L / -27.8, 104.3 | 139 km |
Lacus Somniorum | Lago dos Soños | 38°00′N 29°12′L / 38.0, 29.2 | 384 km |
Lacus Spei | Lago da Esperanza | 43°00′N 65°00′L / 43.0, 65.0 | 80 km |
Lacus Temporis | Lago do Tempo | 45°54′N 58°24′L / 45.9, 58.4 | 117 km |
Lacus Timoris | Lago do Medo | 38°48′S 27°18′O / -38.8, -27.3 | 117 km |
Lacus Veris | Lago da Primavera | 16°30′S 86°06′O / -16.5, -86.1 | 396 km |
Baías e pantanos
Outro conxunto de variantes son os sinus (termo latino para ''baía'') e palus (termo latino para ''pantano'').
Nome en latín | Nome en galego | Coordenadas | Diámetro |
---|---|---|---|
Palus Epidemiarum | Pantano das Epidemias | 32°00′S 28°12′O / -32.0, -28.2 | 286 km |
Palus Putredinis | Pantano da Podremia | 26°30′N 0°24′L / 26.5, 0.4 | 161 km |
Palus Somni | Pantano do Soño | 14°06′N 45°00′L / 14.1, 45.0 | 143 km |
Sinus Aestuum | Baía Ardente | 10°54′N 8°48′O / 10.9, -8.8 | 290 km |
Sinus Amoris | Baía do Amor | 18°06′N 39°06′L / 18.1, 39.1 | 130 km |
Sinus Asperitatis | Baía da Aspereza | 3°48′S 27°24′L / -3.8, 27.4 | 206 km |
Sinus Concordiae | Baía da Concordia | 10°48′N 43°12′L / 10.8, 43.2 | 142 km |
Sinus Fidei | Baía da Fidelidade | 18°00′N 2°00′L / 18.0, 2.0 | 70 km |
Sinus Honoris | Baía da Honra | 11°42′N 18°06′L / 11.7, 18.1 | 109 km |
Sinus Iridum | Baía do Arco Iris | 44°06′N 31°30′O / 44.1, -31.5 | 236 km |
Sinus Lunicus | Baía do Lunik | 31°48′N 1°24′O / 31.8, -1.4 | 126 km |
Sinus Medii | Baía do Medio | 2°24′N 1°42′L / 2.4, 1.7 | 335 km |
Sinus Roris | Baía do Resío | 54°00′N 56°36′O / 54.0, -56.6 | 202 km |
Sinus Successus | Baía do Éxito | 0°54′N 59°00′L / 0.9, 59.0 | 132 km |
Algunhas fontes[quen?] tamén listan o Palus Nebularum ("Pantano das Néboas"), en 38°00′N 4°48′L / 38.0, 4.8, mais esta designación aínda non foi recoñecida oficialmente pola UAI.
Véxase tamén
Bibliografía
- L. E. Andersson and Ewen A. Whitaker, NASA Catalogue of Lunar Nomenclature, NASA RP-1097, 1982, no ISBN.
- Ben Bussey and Paul Spudis, The Clementine Atlas of the Moon, Cambridge University Press, 2004, ISBN 0-521-81528-2.
- Antonín Rükl, Atlas of the Moon, Kalmbach Books, 1990, ISBN 0-913135-17-8.
- Ewen A. Whitaker, Mapping and Naming the Moon, Cambridge University Press, 1999, ISBN 0-521-62248-4.