Lixa negra
Lixa negra (Centrophorus squamosus) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
![]() Vulnerable | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Centrophorus squamosus (Bonnaterre, 1788) | |||||||||||||||||||||
![]() Distribución da lixa negra
|
A lixa negra,[1] Centrophorus squamosus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que se distribúe polo Atlántico oriental, desde Islandia até o cabo da Boa Esperanza; polo océano Índico occidental e polo oeste do Pacífico, nas costas de Honshu (Xapón), Filipinas, sueste de Australia e Nova Zelandia.
Características
De até 158 cm de lonxirtude máxima, ten dúas aletas dorsais con espiñas, a primeira relativamente baixa e longa, carecendo de aleta anal. Os ollos son grandes, e a pel, áspera.
Hábitat e bioloxía
Vive a entre os 230 e os 2.360 m de profundidade, pero polo xeral por debaixo dos 1.000 m. Aliméntase de peixes, cefalópodos e camaróns. A súa reprodución é ovovivípara, parindo as femias un máximo de 5 crías por camada.
Estado de conservación
Segundo a UICN, o seu estado de conservación é de especie vulnerábel.[2]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Centrophorus_squamosus.jpg/150px-Centrophorus_squamosus.jpg)
En Galicia
A especie está citada en augas próximas a Galicia[3], predominando cinco veces os machos sobre as femias nas capturas [4].
Notas
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 189.
- ↑ Centrolophus squamosus na Lista vermella da IUCN. (en inglés) Consultada o 14/12/2012.
- ↑ Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 93.
- ↑ Castor Guisande (2013) Tiburones, Rayas, Quimeras, Lampreas y Mixínidos de la Península Ibérica y Canarias. Ediciones Díaz de Santos, p. 112
Véxase tamén
Bibliografía
- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189.
- Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Centrophous squamosus en FishBase. (en inglés) Consultada o 14/12/2012.
- Centrophous squamosus en ITIS. (en inglés) Consultada o 14/12/2012.