Lois IV de Alemaña
Lois IV de Alemaña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | xullo de 893 e 893 |
Lugar de nacemento | Altötting |
Falecemento | 29 de setembro de 911 e 911 |
Lugar de falecemento | Frankfurt |
Causa | doenza |
Soterrado | St. Emmeram's Basilica |
Ocupación | monarca |
Pai | Arnulfo de Carintia |
Nai | Ota |
Irmáns | Ratold d'Italie, Zuentiboldo e Ellinrat |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lois IV, nado en Oettingen en 893 e finado en Regensburg en setembro de 911, chamado "o Neno", era fillo de Arnulfo de Carintia e rei da Francia Oriental[1] e de Lotarinxia e o último representante carolinxio na Francia Oriental.
Traxectoria
Era o único fillo de Arnulfo e a súa muller Ota. Foi rei baixo rexencia desde a morte do seu pai en decembro de 899 ata a súa morte un ano despois.
Foi coroado rei en Forchheim por Hatto de Mainz, bispo dotado de gran prudencia e que gobernou o reino en tempos de gran turbulencia, exercendo unha especie de tutela sobre o monarca.
O seu breve reinado estivo marcado polo ascenso dos ducados hereditarios, as loitas entre os vasalos e os ataques dos húngaros. Estes últimos inflixiron unha grave derrota aos alemáns, que aceptaron pagarlles un tributo anual a cambio da terminación dos ataques.
Lois morreu célibe e foi enterrado preto de seu pai en Regensburg, e con el a rama carolinxia extinguiuse en Alemaña. Foi sucedido no trono xermánico por Conrado I, fillo da súa irmá e duque de Franconia.
Familia
Devanceiros
16. Lois o Piadoso | ||||||||||||||||
8. Lois o Xermánico | ||||||||||||||||
17. Ermengarda de Hesbaye | ||||||||||||||||
4. Carlomán de Baviera | ||||||||||||||||
18. Welfo I | ||||||||||||||||
9. Emma de Altdorf | ||||||||||||||||
19. Hedwig de Baviera | ||||||||||||||||
2. Arnulfo de Carintia | ||||||||||||||||
10. Eberhardo de Carintia | ||||||||||||||||
5. Litswinde | ||||||||||||||||
1. Lois o Neno | ||||||||||||||||
12. Gebhardo de Lahngau | ||||||||||||||||
6. Berengario I de Neustria | ||||||||||||||||
3. Ota | ||||||||||||||||