Los perros
Los perros | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los perros |
Director | Marcela Said |
Guión | Marcela Said |
Intérpretes | Antonia Zegers Alfredo Castro Alejandro Sieveking Rafael Spregelburd |
Música | Grégoire Auger |
Fotografía | George Lechaptois |
Estrea | 2017 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Los perros (tamén coñecido como Mariana en Europa) é un filme chileno de 2017. É a segunda longametraxe da directora chilena Marcela Said, e conta cun guión escrito por ela mesma. Estreouse en maio de 2017 durante a Semana da Crítica no Festival de Cannes,[1] e posteriormente presentouse con éxito en varios festivais internacionais, entre eles o Festival de Donostia, onde gañou o Primeiro Premio na sección Horizontes latinos.[2] O 12 de setembro de 2018 foi escollido para representar a Chile na XXXIII edición dos Premios Goya.[3]
Sinopse
Mariana é unha muller de clase alta chilena. Afeita ao dominio paterno e do seu esposo, recibe inxeccións para quedar embarazada. Pouco a pouco, esperta nela o desexo por un excoronel convertido no seu mestre de equitación, e descubrirá o rol que a súa familia xogou na ditadura chilena.
Personaxes
- Antonia Zegers como Mariana
- Alfredo Castro como Juan, un excoronel
- Alejandro Sieveking como Francisco, pai de Mariana
- Rafael Spregelburd como Pedro, esposo de Mariana
- Elvis Fuentes como un policía
Notas
- ↑ Emol, ed. (18 de maio de 2017). "Marcela Said presenta en Cannes "Los perros", su película sobre un ex agente de la Dina".
- ↑ EFE, ed. (30 de setembro de 2017). "La chilena "Los perros" gana el Premio Horizontes Latinos 2017".
- ↑ ""Los Perros", de Marcela Said, representará a Chile en los Premios Goya 2019". Agencia EFE. 12 de setembro de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2018.