Lough Neagh
(en) Lough Neagh ![]() | ||||
Tipo | lago ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Illa de Irlanda ![]() | |||
Localización | ||||
País da cunca | Reino Unido ![]() | |||
División administrativa | Irlanda do Norte, Reino Unido ![]() | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Río Bann ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 16 m ![]() | |||
Profundidade | 25 m ![]() | |||
Dimensións | 15 (![]() ![]() | |||
Superficie | 392 km² ![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 4.550 km² ![]() | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 3.600.000.000 m³ ![]() | |||
Actividade | ||||
Propietario | Earl of Shaftesbury (en) ![]() ![]() | |||
Sitio web | loughneagh.com ![]() | |||
O lago Neagh (en irlandés: Loch nEathach, en scots: 'Loch Neagh', en inglés: Lough Neagh) é o meirande lago de auga doce da illa de Irlanda e tamén do conxunto das illas Británicas. O seu nome provén do irlandés loch nEachach, que significa "lago de Eachaidh", aínda que hoxe en día escríbese loch nEathach en irlandés moderno[1]. O lago é propiedade do conde de Shaftesbury.
Xeografía
Atópase a 30 km ao oeste de Belfast e mide un máximo 30 km de longo e 15 km de ancho. Con 392 km² é décimo quinto lago de auga doce por superficie da Unión Europea e o trixésimo primeiro de Europa. A pesar do seu tamaño é moi pouco profundo, xa que a súa profundidade media é de tan só 12 metros e a máxima de 25 metros[2].
Condados
Cinco dos seis condados de Irlanda do Norte teñen costa no lago (o único que non é o condado de Fermanagh), e a súa área repártese tamén entre eles. Os condados son os seguintes:
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Northern_Ireland_-_Counties.png/220px-Northern_Ireland_-_Counties.png)
- Antrim (costa leste e norte)
- Down (unha pequena parte no sueste)
- Armagh (sur)
- Tyrone (oeste)
- Derry (noroeste)
Notas
- ↑ Deirdre Flanagan e Laurance Flanagan (1994). Gill & Macmillan Ltd, ed. Irish Placenames.
- ↑ "Lough Neagh". Consultado o 12 de marzo de 2016.
Véxase tamén
Bibliografía
- Wood, R.B.; Smith, R.V., eds. (1993). Lough Neagh: The Ecology of a Multipurpose Water Resource. Monographiae Biologicae 69. Springer. ISBN 9780792321125.