Loviisa

Modelo:Xeografía políticaLoviisa
Loviisa (fi)
Lovisa (sv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata
 60°27′25″N 26°13′30″L / 60.4569, 26.225Coordenadas: 60°27′25″N 26°13′30″L / 60.4569, 26.225
EstadoFinlandia
Axencia RexionalFinlândia Meridional (pt) Traducir
RexiónUusimaa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación14.557 (2023) Editar o valor em Wikidata (17,76 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa (majority language (en) Traducir)
lingua sueca (lingua minoritaria) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Loviisa Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie819,82 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Pernå (en) Traducir, Ruotsinpyhtää (en) Traducir e Liljendal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1745 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoLoviisa City Council (en) Traducir , (Escano: 59) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webloviisa.fi Editar o valor em Wikidata

Loviisa (en finés) ou Lovisa (en sueco) é unha cidade de Finlandia. Está situada ao sur do país, na rexión de Uusimaa.

Xeografía

Loviisa está situada na costa sur de Finlandia, bañada polas augas do golfo de Finlandia, cubrindo unha superficie total de 1.751,49 km², dos cales 931,92 km² son de auga. A altitude do territorio apenas presenta variacións dende a altitude mínima na costa (ao nivel do mar), e a máxima altitude (40 metros sobre o nivel do mar).

A cidade encóntrase a 87 km da capital finlandesa, Helsinqui, estando unida á mesma pola valtatie 7 (nacional 7), que continúa ata a fronteira con Rusia.

Limita cos concellos de Lapinjärvi e Myrskylä ao norte, co de Porvoo ao oeste, con Kouvola e Pyhtää ao leste (estes dous últimos na rexión de Kymenlaakso.

Poboación

Dende os anos '90 o concello está a perder poboación, que actualmente está nos 15.491 habitantes segundo o censo de 2013.[1] Dende 1980 a evolución da poboación de Loviisa foi do seguinte xeito:[2]

O 15,3 % da poboación de Loviisa está comprendida entre os 0 e os 14 anos, o 61,2 % entre os 15 e os 64 anos, mentres que os maiores de 65 anos constitúen o 23,5 % da poboación da cidade.

Historia

A cidade ten as súas orixes nas sucesivas derrotas de Suecia nas guerras contra Rusia durante o século XIX.

Primeiro coa Gran Guerra do Norte e o seu tratado de Nystad de 1721 humillando aos suecos, que perderon a maior parte de Carelia e o seu gran centro comercial do leste, Viipuri. Lappeenranta e especialmente Hamina convertéronse nas dúas cidades fronteirizas, sendo esta última creada para defender a fronteira.

Finalmente, a raíz da Guerra ruso-sueca de 1741-1743 e o Tratado de Åbo (nome sueco de Turku), Hamina e Lappeenranta pasan a formar parte de Rusia, e a nova fronteira desprázase varios quilómetros ao oeste do río Kymijoki. O mesmo problema que tiveran 22 anos atrás repítese novamente: os suecos non teñen ningunha cidade ou fortaleza digna deste nome que defenda a fronteira.

Foi neste contexto cando se creou Loviisa. A nova cidade fundouse en 1745 nunha zona maioritariamente de pescadores de fala sueca, a pouca distancia de Porvoo e a tan só 14 km da nova fronteira. A cidade recibiu o seu nome da princesa Lovisa Ulrika (Louise Ulrique), dona do rei se Suecia Adolphe Frédéric de Suède.

A nova cidade, situada ao fondo dunha baía, foi fortemente fortificada. Ademais disto, os suecos construíron sobre unha pequena illa do golfo de Finlandia a pouca distancia de Loviisa unha segunda fortaleza, a fortaleza marítima de Svartholm, só superada en tamaño por Suomenlinna.

O porto de Loviisa en 1808, por Gavril Sergejev.

O sistema de fortificación foi abandonado, deixando uns centos de homes ao principio da Guerra de Finlandia, retirándose a maior parte das tropas suecas a Ostrobotnia. Os ocupantes non teñen tempo para enfrontarse á ofensiva rusa e réndense mesmo antes da primavera de 1808, algunhas semanas despois do inicio da guerra.

A principios do período do Gran Ducado de Finlandia, os rusos empregaron as fortificacións de Loviisa, e a cidade conserva unha certa importancia estratéxica de defensa da costa sur. Isto fixo que fora bombardeada polas tropas franco-inglesas e queimada case na súa totalidade durante a Guerra de Crimea.

A cidade foi reconstruída en madeira, con algúns edificios de pedra neoclásicos (Hotel da cidade de 1856, igrexa de 1865...), sendo esta a cara que presenta na actualidade, xa que a cidade experimentou un longo período de letargo e non viviu a revolución industrial.

O 1 de xaneiro de 2010, os concellos veciños de Liljendal, Pernaja e Ruotsinpyhtää uníronse ao concello de Loviisa.[3]

Política

Os últimos resultados electorais deixaron a composición da cámara municipal do seguinte xeito:[4]

  • Suomen ruotsalainen kansanpuolue: 25
  • Suomen Sosialidemokraattinen Puolue: 14
  • Kansallinen Kokoomus: 8
  • Perussuomalaiset: 3
  • Vihreä liitto: 3
  • Suomen Keskusta: 3
  • Vasemmistoliitto: 1
  • Outros: 1
  • Suomen Kristillisdemokraatit: 1

Economía

Industria nuclear

Vista aérea da central nuclear de Loviisa.

En 1977 tivo lugar a inauguración do primeiro reactor da central nuclear de Loviisa, primeira central nuclear finlandesa (grupo Fortum): o segundo foi finalizado en 1981. A illa de Hastholmen converteuse no centro nacional de almacenamento dos residuos nucleares de baixa e media actividade en 1993.

Lingua

A cidade de Loviisa é bilingüe en finés e sueco, contando cunha gran porcentaxe de falantes suecos con arredor dun 43 %.[5] Por linguas a distribución da poboación en 2012 era a que segue:[6]

Galería de imaxes

Notas

  1. "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2013. 
  2. Tilastokeskus, ed. (22-3-2013). "Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 - 2012". Consultado o 21-12-2013. [Ligazón morta]
  3. www.kymensanomat.fi - Loviisan liitos onnistui kolmannella kerralla[Ligazón morta]
  4. "Tulos puolueittain - Loviisa". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2011. Consultado o 21 de decembro de 2013. 
  5. "Loviisa 2010 tietopankki". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 21 de decembro de 2013. 
  6. Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely[Ligazón morta]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas