Luca della Robbia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xullo de 1399 (Gregoriano) Florencia |
Morte | 10 de febreiro de 1482 (82 anos) Florencia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Florencia |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Florencia |
Ocupación | escultor , ceramista |
Profesores | Nanni di Banco (pt) e Leonardo di Ser Giovanni (en) |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Familia Della Robbia |
Irmáns | Marco della Robbia (pt) |
Parentes | Andrea della Robbia (pt) (sobriño) |
Luca della Robbia, nado en Florencia en 1400 e finado na mesma cidade no ano 1482, foi un escultor e ceramista italiano, famoso polas súas obras en terracota.
Desenvolveu un esmalte cerámico que facía que as súas obras tivesen unha maior durabilidade no ar libre, facendo así posíbel o uso de cerámica na decoración exterior de edificios. A súa obra caracterízase polo seu feitizo, fronte ao dramatismo tan frecuente nos seus contemporáneos. Dúas das súas obras máis famosas son A Natividade (c. 1460) e a Virxe co Neno (c. 1475). Foi o primeiro dunha dinastía de importantes ceramistas: Andrea della Robbia (sobriño seu) e Giovanni della Robbia (resobriño seu, fillo de Andrea).
Della Robbia foi gabado polo seu compatriota Leon Battista Alberti como un xenio comparábel aos escultores Donatello e Lorenzo Ghiberti, ao arquitecto Filippo Brunelleschi e ao pintor Masaccio. Para xustificar este emparellamento de della Robbia con artistas contemporáneos desta categoría, Alberti reivindicaba o interese e a forza das súas obras en mármore e bronce, así como as súas obras en terracota, sempre asociadas ao seu nome.
Galería
-
Teito en cerámica esmaltada da Capela dei Pazzi.
-
Outro panel da Cantoría.
Ligazóns externas
- THAIS Arquivado 20 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
- Web Gallery of Art
- Biografía ilustrada (baseada en Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori de Giorgio Vasari) (en inglés)