Lucio Tarquinio o Soberbio
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) L. Tarquinius Superbus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI a. C. ![]() Roma Antiga ![]() |
Morte | 495 a. C. ![]() Cumas, Italia ![]() |
![]() | |
534 a. C. – 509 a. C. ← Servio Tulio – Supresión do cargo → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Período de tempo | Segundo Reino Romano e Early Roman Republic (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Familia | Dinastía Tarquinia ![]() |
Cónxuxe | Tullia Major Tullia Minor ![]() |
Fillos | Tito Tarquinio ( ![]() Arruns Tarquinius ( ![]() Sexto Tarquínio ( ![]() Tarquinia ( ![]() ![]() |
Pais | Gnaeus Tarquinius Lucio Tarquinio Prisco ![]() Tanaquil ![]() |
Irmáns | Arruns Tarquinius Tarquinia Tarquinia the Elder ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Tarquinius 7) ![]() |
![]() |
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | -753 --716 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | -715--674 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | -673--642 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | -642--617 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | -616--579 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | -578--535 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | -535--510 |
Tarquinio o Soberbio foi o sétimo e último rei de Roma. Fillo de Tarquinio Prisco e xenro de Servio Tulio, Tarquinio tamén era de orixe etrusca. Foi durante o seu reinado cando os etruscos atinxiron a cúspide do seu poder. Tarquinio usou a violencia, o asasinato e o terror para manter o control sobre Roma como ningún rei anterior os empregara, derrogando mesmo moitas reformas constitucionais que estableceran os seus predecesores. A súa mellor obra para Roma foi a finalización do templo a Xúpiter, iniciado polo seu pai Prisco.
Tarquinio aboliu e destruíu todos os santuarios e altares sabinos da Roca Tarpeia, enfurecendo desta forma ao pobo romano. O punto crucial do seu tiránico reinado sucedeu cando permitiu a violación de Lucrecia, unha romana patricia, por parte do seu propio fillo Sexto. Un parente de Lucrecia, Lucio Xunio Bruto (antepasado de Marco Xunio Bruto), convocou o Senado, que decidiu a expulsión de Tarquinio no ano 510 a.C..
Tras a expulsión de Tarquinio, o Senado decidiu abolir a monarquía, convertendo Roma nunha república no ano 509 a.C. Lucio Xunio Bruto e Lucio Tarquinio Colatino, sobriño de Tarquinio e viúvo de Lucrecia, convertéronse nos primeiros cónsules do novo goberno de Roma. Este novo goberno permitiría co tempo a conquista polos romanos de case todo o mundo mediterráneo, unha forma de goberno que sobreviviu durante case cincocentos anos ata a ascensión de Xulio César e César Augusto.