Luigi Datome

Luigi Datome
Información persoal
Nacemento 27 de novembro de 1987 (36 anos)
Italia Montebelluna, Italia
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Posición Ala
Información da carreira
NBA Draft 2010 / Rolda: Sen draftear
Carreira 2003–2023
Historial de equipos
Montepaschi Siena (2003–2007)
Scafati Basket (2007–2008)
Virtus Roma (2008–2013)
Detroit Pistons (2013–2015)
→ Grand Rapids Drive (2015)
Boston Celtics (2015)
Fenerbahçe (2015–2020)
Olimpia Milano (2020–2023)
Premios e galardóns
Euroliga (2017)
Liga de Italia (2004, 2022)
Copa de Italia (2021, 2022)
Liga de Turquía (2016, 2017, 2018)
Copa de Turquía (2016, 2017, 2018)
1× MVP da Liga de Italia (2013)
1× MVP da Copa de Italia (2021)
1× MVP da Final da Liga de Turquía (2016)
2× MVP da Final da Copa de Turquía (2019, 2020)

Luigi "Gigi" Datome, nado o 27 de novembro de 1987 en Montebelluna, Véneto, é un ex xogador profesional italiano de baloncesto profesional que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.

Traxectoria

Italia

Datome comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, antes de fichar polo Montepaschi Siena da Lega Basket Serie A no ano 2003. Xogou catro tempadas con Montepaschi antes de fichar polo Scafati Basket para a tempada 2007-08.

En 2008, Datome fichou polo Virtus Roma, onde na súa primeira tempada conseguiu o premio ó mellor xogador de menos de 22 anos da liga. Na tempada 2012-13, foi elixido coma o mellor xogador da Lega Basket Serie A tras acadar 16.5 puntos e 5.6 rebotes por encontro.

NBA

O 16 de xullo de 2013, Datome asinou un contrato de dous anos e 3.5 millóns de dólares cos Detroit Pistons.[1] O 19 de febreiro de 2015, Datome foi traspasado xunto a Jonas Jerebko ós Boston Celtics, a cambio de Tayshaun Prince.[2]

Notas

  1. "Detroit Pistons Sign Forward Luigi Datome". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 16 de xullo de 2013. Consultado o 16 de xullo de 2013. 
  2. "Celtics Acquire Thomas From Phoenix". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas