Lumbricus

Lumbricus

Lumbricus terrestris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Annelida
Clase: Clitellata
Orde: Haplotaxida
Familia: Lumbricidae
Xénero: Lumbricus
Linnaeus, 1758
Especies

Lumbricus badensis
Lumbricus baicalensis
Lumbricus castaneus
Lumbricus centralis
Lumbricus festivus
Lumbricus friendi
Lumbricus improvisus
Lumbricus klarae
Lumbricus meliboeus
Lumbricus polyphemus
Lumbricus rubellus
Lumbricus terrestris
Lumbricus variegatus etc.

O debuxo superior corresponde á zona do prostomio dos Lumbricus, e a inferior á doutros lumbrícidos.

Lumbricus é un xénero de anélidos oligoquetos da familia dos lumbrícidos entre os que están as miñocas máis comúns europeas. O xénero ten case 700 especies validadas. Caracterízase por ter unha separación completa entre o peristomio e o primeiro segmento do corpo ou prostomio. Os testículos e condutos deferentes están rodeados por unha pequena bolsa e aparecen nos segmentos nove, once e doce. Teñen quetas apareadas e nefridios con forma de J.[1]

As características dalgunhas das especies máis comúns ou singulares son:

  • Lumbricus rubellus é xeralmente castaña avermelada ou violeta avermellada, iridescente dorsalmente e amalrela pálida ventralmente. miden xeralmente uns 25–105 mm de lonxitude, e ten entre 95 e 120 segmentos.
  • Lumbricus castaneus varías de castaña a castaña violácea; é castaña ou amarela ventralmente, e ten un clitelo de cor laranxa. Ten xeralmente de 30 a 70 mm de lonxitude, e de 82 a 100 segmentos.
  • Lumbricus terrestris é a miñoca máis coñecida. Está moi pigmentada, vermella acastañada dorsalmente, e amarelada ventralmente. As súas sedas ou quetas están dispostas apareadas a ambos os lados do coro. É a especie máis longa do xénero, cunha lonxitude que varía desde 90 a 300 mm xeralmente, e ten entre 110 e 160 segmentos.
  • Lumbricus festivus non é moi común. É castaña avermellada, máis clara ventralmente e iridescente na parte dorsal. A lonxitude do seu corpo vai de 48 a 108 mm, e ten uns 100–143 segmentos.
  • Lumbricus badensis, considérase a miñoca xigante, xa que pode atinxir unha lonxitude de ata 600 mm, pero a súa área de distribución é moi reducida, abranguendo a Selva Negra no suroeste de Alemaña.

Notas

  1. Blakemore, R., 2007. An updated list of valid, invalid and synonymous names of Criodriloidea (Criodrilidae) and Lumbricoidea (Annelida: Oligochaeta: Sparganophilidae, Ailoscolecidae, Hormogastridae, Lumbricidae, and Lutodrilidae). COE, Soil Ecology Group, Graduate School of Environment and Information Sciences, Yokohama National University, Yokohama, Japan. 48 pp.