Músculo abdutor curto do polgar
O músculo abdutor curto do polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. Forma parte da eminencia tenar, e está disposto encima do músculo opoñente do polgar. Orixínase nos tubérculos do escafoide e do trapecio e nas zonas adxacentes das vainas flexoras.
Funcións
Abduce o primeiro dedo, principalmente na articulación metacarpofalánxica.
Innervación
O abdutor curto está innervado pola póla recorrente do nervio mediano.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)