O músculo peroneal longo ou fibular longo[1] (TA : musculus peroneus longus) é un músculo da perna, que está situado na superficie lateral e externa da perna, xunto ao músculo peroneo curto.
Orixe e inserción
Orixínase por riba da tuberosidade externa do peroné e na cabeza do peroné; despois do seu percorrido pola parte exterior da perna, convértese nun tendón que pasa por detrás do maléolo lateral do nocello e atravesa oblicuamente o pé polo suco para que o tendón do peroneo longo do cuboides se inserte na cara plantar do primeiro cuneiforme e primeiro metatarsiano.
Considerado dende o punto de vista da súa acción, o músculo fibular longo estende o pé sobre a perna, sácao cara a fóra e ao mesmo tempo fai que execute un movemento de rotación, en virtude do cal o aspecto plantar se dirixe cara a fóra. É flexor plantar, abdutor e rotador externo do pé (pronador).[2]
Loca anterior da perna: Músculo tibial anterior, Músculo extensor longo do hálux, Músculo extensor longo dos dedos, Músculo terceiro fibular Loca lateral da pernaMúsculo fibular longo, Músculo fibular curto Loca posterior da perna: Músculo tríceps sural, Músculo plantar delgado, Músculo flexor longo do hálux, Músculo longo flexor común dos dedos, Músculo tibial posterior, Músculo poplíteo