Músculo extensor longo dos dedos, músculo extensor curto dos dedos
O músculo flexor curto dos dedos, tamén chamado musculusflexor digitorum brevis, é un músculo do pé que flexiona o 2º ao 5º dedo do pé.
Inserción
Está situado na rexión da planta do pé por debaixo da aponeurose plantar. Orixínase no óso do calcáneo, concretamente no seu tubérculo interno e na escotadura que separa o tubérculo interno e o seu tubérculo externo. A partir desta inserción, forma un ventre muscular alongado que remata en 4 tendóns que se unen á 2ª falanxe do 2º, 3º, 4º e 5º dedos a ambos os dous lados (lateral e medial). Non ten tendón para o dedo gordo do pé que ten un músculo separado que realiza a mesma función, o músculo flexor curto do dedo gordo.
Función
A súa contracción provoca a flexión da segunda falanxe dos últimos catro dedos do pé, tamén colabora no mantemento do arco lonxitudinal ou anteroposterior do pé.[1]
innervación
Está innervado polo nervio plantar medial e lateral, ambas ramas do nervio tibial.
Notas
↑Mariano Núñez-Samper Pizarroso, Luis Fernando Llanos Alcázar: Biomecánica, medicina y cirugía del pie, 2.ª edición, 2007, Masson, S.A., ISBN 84-458-1684-5 Consultado el 2 de abril de 2012.
Loca anterior da perna: Músculo tibial anterior, Músculo extensor longo do hálux, Músculo extensor longo dos dedos, Músculo terceiro fibular Loca lateral da pernaMúsculo fibular longo, Músculo fibular curto Loca posterior da perna: Músculo tríceps sural, Músculo plantar delgado, Músculo flexor longo do hálux, Músculo longo flexor común dos dedos, Músculo tibial posterior, Músculo poplíteo