Músculo trapecio

Músculo trapecio
Músculo trapecio.
Músculos que conectan a extremidade superior coa columna vertebral. O trapecio está etiquetado na parte superior esquerda.
Latín Musculus trapezius
Gray's subject #121 432
Orixe Liña da caluga superior, protuberancia occipital externa, ligamento da caluga e apófises espiñosas de C7-T12
Inserción    Terzo lateral da clavícula, acromion e espiña escapular
Vascularización Rama superficial da arteria cervical transversa ou arteria cervical superficial
Innervación {Innervación}
Accións Eleva, retrae e rota a escápula; as fibras inferiores descenden a escápula

O músculo trapecio é un músculo da parte posterior do pescozo, tronco e extremidade superior. As súas funcións son as da rotación, retroceso, elevación, e abdución da escápula.

Insercións no cranio

O trapecio insírese no óso occipital, nas liñas nucais superiores e na protuberancia occipital exterior.

Insercións na columna vertebral

Distintas febras do músculo insírense nas apófises vertebrais posteriores tanto a nivel cervical coma torácico.

Insercións no tronco e membro superior

Distalmente, o trapecio insírese na clavícula, no acromion e no corpo da escápula.

Relacións do músculo

O músculo posúe unha cara superficial e unha fonda, e tres bordos, medial, inferior e anterior.

Cara superficial

É subcutánea, ocupando gran parte da superficie posterior alta do tronco.

Cara fonda

A cara fonda cobre os músculos cervicais e dorsais.

Innervación

Recibe unha innervación dobre: por unha banda, do nervio accesorio e por outra banda recibe ramos nerviosos das raíces cervicais segunda, terceira e cuarta.

Vascularización

Arteria dorsal da escápula

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.