Macizo Galaico
Coordenadas: 42°30′N 8°06′O / 42.5, -8.1
Macizo Galaico | |
---|---|
Vista da Cabeza de Manzaneda en inverno. | |
Localización | |
Datos | |
Cota | 2127 msnm |
O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 127 metros. Outro importante pico é a Cabeza Grande de Manzaneda, cuns 1 781 metros.
No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por elfos, fadas, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.
Xeografía
Está formado por rochas paleozoicas (granitos) moi metamorfizadas no centro e oeste (gneis, micacitas). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da Meseta cara ao noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas.
Vexetación
O sistema en xeral preséntase alombado, con alternancia de horsts, cubetas e fallas de dirección N-S. As choivas son abundantes e regulares, orixinando un espeso manto vexetal: fragas caducifolias con sotobosque de landas e extensas áreas de prados naturais que favorecen a existencia dun chan mol.
A vexetación é bastante homoxénea sobre todo o macizo e hai unha excelente biodiversidade de plantas nas montañas galegas. Moitas das especies atopadas nas montañas empregáronse na medicina tradicional galega.
A serra dos Ancares, pertencente ao macizo, foi declarada unha Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2006.
Conxuntos montañosos
Dende o sueste até o noroeste do Macizo Galaico poden distinguirse tres conxuntos:
- As serras limítrofes coas provincias de León e Zamora, onde se acadan as maiores altitudes do sistema (Pena Trevinca, 2 047 m). Estas cadeas montañosas posúen cicatrices procedentes do período glacial, que son evidentes na Serra do Eixo. Os ríos Tera, Cabreira e Bibei discorren a través de vales glaciais que comunican xa cos montes de León.
- A Cordilleira Dorsal Galega, que culmina no cumio de Cabeza de Manzaneda, de 1.778 metros, separada do conxunto anterior por unha fosa tectónica de dirección norte-sur. Inclúe o denominado Macizo Central ourensán.
- As serras litorais, de menor altitude e separadas do conxunto anterior pola depresión Meridiana. Son exemplos destas a serra do Barbanza e a serra do Galiñeiro.
Lista de serras
- Serra de Meira.
- Serra do Xistral.
- Serra do Barbanza.
- Serra da Cova da Serpe
- Serra da Capelada
- Serra da Faladoira
- Montes do Testeiro.
- Montes da Paradanta
- Serra do Galiñeiro
- Serra do Courel.
- Serra dos Ancares.
- Macizo Central ourensán (serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e montes do Invernadeiro)
- Serra do Suído.
- Serra do Eixo.
- Serra do Xurés.
Principais serras e calidades
-
Pico Sacro preto de Boqueixón.
-
Cumios preto de Verín.
-
Vista da Serra do Faro.