Mageia
| Mageia | |
|---|---|
| Desenvolvedor | Fundación Mageia |
| Familia de S.O. | Linux |
| Lanzamento | 1 de xuño de 2011 |
| En galego | Si[1] |
| Espazo de usuario | Varios (KDE Plasma 5, GNOME, Xfce, LXQT entre outros) |
| Modelo de desenvolvemento | Código aberto |
| Núcleo | Linux |
| Tipo de núcleo | Monolítico |
| Licenza | GPL e outras |
| Última versión estable | 5.1 2 de decembro de 2016 |
| Estado actual | En desenvolvemento |
| Precedido por | Mandriva Linux |
| Sitio web | www.mageia.org |
Mageia é unha distribución de Linux sustentada polo "proxecto Mageia". Créana como un fork de Mandriva Linux algúns dos antigos empregados franceses de Mandriva, que abren o seu desenvolvemento á comunidade en 2010.[2] Esta orientada a ser un sistema espable para escritorio e servidores.
Creación
O día 18 de setembro de 2010, un grupo de antigos empregados de Mandriva co apoio de membros da comunidade, anunciaron que crearan un Fork de Mandriva Linux, é dicir, crearíase unha nova distribución dirixida pola comunidade, chamada Mageia. Esta acción deuse como resposta á noticia de que a maioría dos empregados que traballaban na distribución Mandriva foran despedidos cando Edge-IT (unha filial de Mandriva) foi liquidada. O grupo explicou que "non querían ser dependentes nin das flutuacións económicas nin dos movementos estratéxicos sen explicación da compañía". A organización Mageia administrará e coordinará a distribución: código, aloxamento do software, distribución, sistema de empaquetado, mercadeo, comunicación e eventos. Os datos, feitos, programación de lanzamentos, deseños etc, serán compartidos e discutidos a través desta organización.
Obxectivos
Os seguintes obxectivos déronse a coñecer no anuncio do 18 de setembro de 2010:
- Facer Linux e o software libre e de código aberto accesible a todos.
- Proporcionar ferramentas integradas para a configuración do sistema.
- Manter un alto nivel de integración entre o sistema base, o escritorio (KDE/GNOME) e as aplicacións; mellorar especialmente a integración de terceiros (xa sexan aplicacións libre ou privativas).
- Ter como obxectivo novas arquitecturas e formatos.
- Mellorar a nosa comprensión sobre os usuarios de computadoras e dispositivos electrónicos.
Orixe do nome
O termo "mageia" — μαγεία en grego— significa maxia. É unha referencia ao mago Leon Mandrake, que daba nome á antiga distribución.
Versións
Mageia é liberada nun ciclo de lanzamento de 9 meses, e cada nova versión ten soporte por 18 meses.[3]
A última versión estable é Mageia 5.1, liberada en decembro de 2016.[4]
| Versión | Lanzamento | Fin do soporte[5] | Versión do kernel | |
|---|---|---|---|---|
| Versión 1 | 1/6/2011 | 1/12/2012 | 2.6.38.7 | |
| Versión 2 | 22/05/2012 | 22/11/2013 | 3.3.6 | |
| Versión 3 | 19/05/2013 | 26/11/2014 | 3.8.13 | |
| Versión 4 | 1/2/2014 | 19/9/2015 | 3.12.13 | |
| Versión 4.1 | 20/6/2014 | 19/9/2015 | 3.12.21 | |
| Versión 5 | 19/6/2015 | 2017 | 3.19.8 | |
| Versión 5.1 | 2/12/2016 | 2017 | 4.4.30 | |
| Versión 6 | 2017 | |||
| Cor | Lenda | |||
| Vermello | Sen soporte | |||
| Amarelo | Versión antiga aínda soportada | |||
| Verde | Versión actual | |||
| Azul | Lanzamento futuro | |||
Non se puido compilar a entrada de EasyTimeline:
Timeline generation failed: 1 error found
Line 24: at:23/03/2025 color:today width:0.1
- LineData attribute 'at' invalid.
Date '23/03/2025' not within range as specified by command Period.
Notas
- ↑ Available locales Arquivado 26 de marzo de 2018 en Wayback Machine. in Mageia
- ↑ Mageia en Distrowatch.
- ↑ Neil Richards (July 18, 2011). "Mageia Goes For 9 Month Release Cycle". Muktware. Consultado o 8 de maio de 2017.
- ↑ Mageia 5 release notes
- ↑ https://www.mageia.org/en/support/
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Wiki de Mageia (en inglés)