Mahadevi Varma
Nome orixinal | (hi) महादेवी वर्मा |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de marzo de 1907 Farrukhabad district, India (en) |
Morte | 11 de setembro de 1987 (80 anos) Prayagraj, India |
Educación | University of Allahabad (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, Escrita creativa e profesional e ensaio |
Ocupación | poetisa, escritora, prosista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Mahadevi Varma, nada o 26 de marzo de 1907 en Farrukhabad e finada o 11 de setembro de 1987 en Alwa, foi unha activista e escritora india. Como poetisa en lingua hindi está considerada a "Meera moderna".[1]
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia "kayastha" de avogados. Educouse en Jabalpur, casou na súa infacia, como era costume na época, con Swarup Narain Varma en Indore e quedou cos pais mentres o home estudaba en Lucknow. Ela completou a súa educación na Universidade de Allahabad, graduándose en sánscrito en 1933. Despois da morte do seu marido, en 1966, radicou en Allahabad e viviu alí ata a súa morte. Mahadevi foi directora do Allahabad (Prayag) Mahila Vidyapeeth, dedicado ao ensino de educación cultural e literaria a mozas en lingua hindi. Comezou a escribir poemas xunto con outra compañeira de escola, Subhadra Kumari Chauhan, enviándolles composicións a revistas literarias, que publicaron algúns dos seus poemas. Mahadevi está considerada unha poeta destacada do movemento Chhayavaadi [2](1914-1938) da literatura hindi , canda Suryakant Tripathi 'Nirala', Jaishankar Prasad e Sumitranandan Pant. Tamén escribiu relatos, como Gillu , Neelkanth ou Gaura ou a súa memoria da infancia, Mero Bachpan Ke Din.
Obra
- Neehar (1930)
- Rashmi (1932)
- Neeraja (1934)
- Sandhyageet (1936)
- Deepshikha (1939)
- Yarna (1940, colección de obras anteriores)
- Pratham Aayam (1952, colección de poesías da súa mocidade)
- Agnirekha (1990, póstumo)
Notas
- ↑ "Mahadevi Verme: Modern Meera". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2007. Consultado o 23 de agosto de 2016.
- ↑ "Mahadevi Varma. Indian writer and activist". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2019.