Mahmud II

Mahmud II
Nacemento20 de xullo de 1785
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento1 de xullo de 1839
Lugar de falecementoConstantinopla
Causatuberculose
SoterradoMausoleum of Mahmud II
NacionalidadeImperio Otomán
RelixiónIslam
Ocupaciónmonarca
PaiAbd-ul-Hamid I
NaiNakşidil
CónxuxeBezmiâlem, Pertevniyal Sultan, Aşubcan Kadın, Hacıye Hoşyar Kadın e Nevfidan Kadın
FillosAbd-ul-Medjid I, Abd-ul-Aziz, Adile, Saliha Sultan, Atiye Sultan e Mihrimah Sultan
IrmánsMustafa IV, Esma e Hibetullah Sultan
Na rede
Musicbrainz: 53bda8e1-048a-4d13-a242-48a47abb569f WikiTree: Osmanlı-7 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mahmud II (turco otomán: محمود ثانى Mahmud-u s̠ānī, turco otomán: محمود عدلى Mahmud-u Âdlî; turco: İkinci Mahmut), nado en Istambul o 20 de xullo de 1785 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1839, foi o 30.º sultán do Imperio Otomán dende 1808 ata o seu falecemento.

O seu reinado é recoñecido pola reformas administrativas, militares e fiscais que instituíu, que culminaron co decreto de Tanzimat ("reorganización") levado a cabo polos seus fillos Abdulmejid I e Abdülaziz. A miúdo descrito como o "Pedro o Grande de Turquía",[1] as súas reformas inclúen a abolición en 1926 do conservador corpo dos xanízaros, que eliminou un grande obstáculo contra el e contra as reformas dos seus sucesores no imperio. As reformas que instituíu estiveron caracterizadas por cambios políticos e sociais, que eventualmente provocaron o nacemento da moderna república turca.[2]

A pesar das súas reformas internas, o reinado de Mahmud tamén foi marcado por sublevacións nacionalistas en Serbia e Grecia, que levaron a significativas perdas territoriais do imperio e o nacemento do estado grego.

Traxectoria

Mahmud II

Ocupou o trono tras unha rebelión militar que custou a vida do Gran Visir Alemdar Mustafa Pasha a mans dos xanízaros e sobrevivir á orde de asasinato polo seu predecesor e irmán Mustafá IV.

Enfrontado a Rusia polo control da marxe dereita do río Danubio despois de que perdese boa parte do territorio ao outro lado do río, durante as guerras napoleónicas aproveitou as debilidades do seu inimigo para obter no Tratado de Bucarest de 1812 as fronteiras a excepción de Besarabia.

Mahmud II reformou as institucións administrativas e o propio exército, influído por un proceso de occidentalización, polo que ordenou a disolución dos xanízaros en 1826, segundo uns pola morte do seu visir e amigo Alemdar Mustafa Pasha, segundo outros para desfacerse dun corpo militar que non respondía ás necesidades militares dos tempos modernos.

Debiu enfrontarse á sublevación de Grecia que, finalmente, trala batalla de Navarino obtivo a independencia en 1830. Durante o seu mandato producíronse outras insurreccións en Serbia, Montenegro e Albania. En 1831, Mehmet Alí, paxá de Exipto, declarou a guerra ao Imperio Otomán, derrotándoo na batalla de Konya e anexionándose a Siria otomá, Creta e o Hijaz. Faleceu en 1839, durante unha segunda guerra contra Exipto.

Notas

  1. Rogan, Eugene (4 de outubro de 2002). Outside In: Marginality in the Modern Middle East. I.B.Tauris. p. 15. ISBN 978-1-86064-698-0. 
  2. Karpat, H. Kemal (1959). Turkey's Politics: The Transition to a Multi-Party System (en inglés). Princeton University Press. ISBN 978-0-691-62623-9. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Levy, Avigdor. "The Officer Corps in Sultan Mahmud II's New Ottoman Army, 1826–39". International Journal of Middle East Studies (1971) 2#1 pp: 21-39. online
  • Levy, Avigdor. "The Ottoman Ulema and the military reforms of Sultan Mahmud II". Asian and African Studies 7 (1971): 13-39.
  • Levy, Avigdor. "The Ottoman Corps in Sultan Mahmud II New Ottoman Army". International Journal of Middle East Studies 1 (1971): pp 39+
  • Palmer, Alan. The Decline and Fall of the Ottoman Empire (1992) ch 6
  • Uluçay, M. Çağatay (1992). Padişahların Kadınları ve Kızları. Ankara : Türk Tarih Kurumu Basımevı. ISBN 978-9-751-60461-3.