Maisons-Alfort
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Illa de Francia | ||||
Departamento | Val do Marne ![]() | ||||
Capital de | canton of Maisons-Alfort-Nord (en) ![]() canton of Maisons-Alfort-Sud (en) ![]() canton of Maisons-Alfort (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 57.422 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921672 ![]() Paris unité urbaine (en) ![]() ![]() | ||||
Superficie | 5,35 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Marne ![]() | ||||
Altitude | 28 m-47 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Sucedido por | Alfortville ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Maisons-Alfort (en) ![]() ![]() | Olivier Capitanio (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 94700 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | maisons-alfort.fr ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Maisons-Alfort é unha localidade e comuna de Francia, na rexión da Illa de Francia, departamento de Val do Marne, e no distrito de Créteil.
A comuna está formada por dous cantóns: o cantón de Maisons-Alfort-Nord e o cantón de Maisons-Alfort-Sud.
Xeografía
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/66/Maisons-Alfort_map.svg/300px-Maisons-Alfort_map.svg.png)
Está situada no banlieu (arredores) de París, a tres quilómetros ao sueste da capital, na marxe sur do río Marne.
O seu posicionamento permítelle un acceso rápido a varios grandes eixes de comunicación na Illa de Francia, como a A4 no norte ou a A86 no sur.
A súa poboación actual convértea na sexta cidade máis grande do departamento, detrás de Créteil, Vitry-sur-Seine, Champigny-sur-Marne, Saint-Maur-des-Fossés e Ivry-sur-Seine.
Os seus habitantes chámanse maisonnais.
O concello está situado a unha altitude de entre os 473 e os 283 msnm.[1]
O municipio ocupa unha superficie de 5,35 km², e o 1 de xaneiro de 2007 a súa poboación era de 55 655 habitantes,[2] polo que a densidade de poboación nese ano era de 10 402,8 hab./km².
No está integrada en ningunha Communauté de communes ou similar. Antigamente era máis extensa, xa que perdeu parte do seu territorio cando se creou a cidade de Alfortville en 1885.
Maisons-Alfort é unha das 47 cidades do Val de Marne, cuxa cidade principal é Créteil. O seu territorio ten forma triangular (ver mapa adxunto)
Os seus límites son:
- Polo oeste, está separada de Alfortville pola liña ferroviaria do RER D
- Polo norte, está limitada polo Marne
- Polo sueste, fai fronteira con Créteil
- A 1,2 km ao sur da súa punta atópase o Carrefour Pompadour, un cruzamento de estradas entre a ruta nacional 6, a vía nacional 186, a autovía A86, a estrada departamental 60 (autovía de continuidade da estrada nacional 406).
Demografía
Ano | 1793 | 1800 | 1851 | 1876 | 1896 | 1901 | 1921 | 1936 | 1946 | 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 1 077 | 807 | 1 812 | 7 619 | 9 479 | 10 547 | 20 997 | 34 384 | 36 485 | 40 358 | 51 186 | 53 149 | 54 146 | 51 065 | 53 375 | 51 103 | 53 085 |
Notas
- ↑ Maisons-Alfort en cassini.ehess.fr.
- ↑ Maisons-Alfortno INSEE.