Maite Dono
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Teresa Dono Duro ![]() 17 de febreiro de 1969 ![]() Vitoria, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantautora, actriz, poetisa, escritora ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
María Teresa Dono Duro, nada en Gasteiz o 17 de febreiro de 1969, é unha cantante, actriz e escritora galega.
Traxectoria
Cursou estudos de Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Interpretación na Real Escuela de Arte Dramático de Madrid. Desde 1993 participou en varios proxectos como actriz.
Editou dous traballos discográficos na súa andaina musical: O primeiro álbum Corazón de Brief (1998) en homenaxe a Emilio Cao no que interpretaba as súas pezas. O segundo, titulado O mar vertical (2001), é moito máis persoal e inclúe pezas propias, traballo que se completa cun libro de poemas homónimo. Tamén participou no cd recompilatorio Cantigas de Nadal.
Maite Dono comparte e colabora en proxectos con diferentes artistas da escena galega: jazz, acompañando a Baldo Martínez e Alberto Conde, interpretando cantigas medievais xunto a Carlos Beceiro ou traballos con Roberto Somoza. Ten participado tamén en traballos musicais de Na Lúa, La Musgaña.
Actualmente vive en Madrid.
Obra musical
- Corazón de Brief, 1998.
- O mar vertical, 2001.
Obra literaria en galego
Poesía
- O mar vertical, 2000, Espiral Maior.
- Desilencios, 2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
Obras colectivas
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
Premios
- XXIII Premio Esquío de poesía no 2003, por Desilencios.
Obra literaria en castelán
Poesía
- Manta de sombra, 1996, Libertarias/Prodhufi.
Premios
- Premio Internacional Libros del Egoísta no 1995, por Manta de sombra.