Mako Iwamatsu

Mako Iwamatsu
(岩松 マコ, Iwamatsu Mako)
Nome completoMakoto Iwamatsu (岩松 信, Iwamatsu Makoto)
Alcume/outrosMako
Nacemento10 de decembro de 1933
LugarKōbe, Xapón
Falecemento21 de xullo de 2006 (72 anos)
LugarSomis, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causacancro do esófago
SoterradoValley Oaks Memorial Park
NacionalidadeXapón e Estados Unidos de América
EtniaNipo-americano
Educado enPasadena Playhouse
PaiYashima Taro
NaiMitsu Yashima
Cónxuxe(s)Shizuko Hoshi
FillosDúas fillas tamén actrices
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0538683 Allocine: 9640 Rottentomatoes: m/mako Allmovie: p44765 TCM: 1062564 TV.com: people/mako IBDB: 74006
Discogs: 3340770 WikiTree: 岩松-1 Find a Grave: 15014129 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mako Iwamatsu nado o 10 de decembro de 1933 en Kōbe (Xapón) e finado o 21 de xullo de 2006 en Somis (California, Estados Unidos), foi un actor xaponés. En moitos dos créditos dos filmes nos que apareceu ó longo da súa carreira apareceu co seu nome acurtado como Mako, omitindo o seu apelido. Mako é recoñecido internacionalmente por Aku en Samurai Jack, Iroh en Avatar: The Last Airbender, Akiro en Conan o bárbaro e polo Mestre Splinter do filme TMNT.

Biografía

Era fillo do coñecido autor e ilustrador de libros infantís Taro Yashima. Os seus pais mudáronse ós Estados Unidos cando era un cativo. Reuniuse con eles aló despois da segunda guerra mundial en 1949, uníndose ós militares na década de 1950. Converteuse nun cidadán estadounidense en 1956. Estudou arquitectura e durante o seu servizo militar descubriu o seu talento teatral, polo que decidiu formarse na escola Pasadena Community Playhouse.

Mako estaba casado coa actriz Shizuko Hoshi, coa que tivo dúas fillas (actrices ámbalas dúas) e tres netos.

Morte e homenaxes

Mako morreu ós setenta e dous anos de cáncer de esófago. Un día antes da súa morte, foi confirmada a súa participación para protagonizar o filme TMNT, proporcionando a voz de Splinter. Kevin Munroe, director do filme, confirmou que Mako completara o seu rexistro antes da súa morte. O filme terminado dedicouse a Mako.

Durante un episodio de Avatar: The Last Airbender , titulado "Os Contos de Ba Sing", que comprende varias pequenas historias sobre os personaxes principais, hai un segmento titulado ". A historia de Iroh" que ten unha dedicatoria a Mako, xa que foi o actor de voz para o personaxe Iroh para a primeira e segunda tempadas. Tamén apareceu na montaxe en memoria da 79ª Edición dos Oscar.

Filmografía