Maniola jurtina

Maniola jurtina

Maniola jurtina - femia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Maniola
Especie: M. jurtina
Linnaeus, 1758

Maniola jurtina é unha especie de insecto lepidóptero pertencentes á familia Nymphalidae.[1] Trátase dunha especie presente en toda Europa.[2]

Período de voo

Univoltino. Fin de maio a setembro en España, nos demais países hai variacións de datas segundo a tempada.

Hábitat

Zonas de abundante herba e arbustivas, prados con flores e abundancia de gramíneas, zonas cultivadas, lindes e claros de bosques, brezais, terreos calcáreos ou ácidos, en condicións secas ou húmidas.[3]

Maniola jurtina - femia.

Distribución

Amplamente distribuída, todas as illas Canarias, norte de África, a maior parte de Europa excepto a parte norte de Escandinavia, a maioría das illas do mar Exeo, de 0-1600 metros.[4] A bolboreta foi estudada e descrita oficialmente en 1758 polo zoólogo sueco Linnaeus.

Notas

  1. Guía de campo – Día B, 22 maio de 2010, bioeventos.
  2. http://www.asturnatura.com/especie/maniola-jurtina.html Maniola jurtina
  3. Guía Tolman e Lewington.
  4. Guía Tolman e Lewington, Mariposas de España y Europa.

Véxase tamén

Ligazóns externas