Mannequin Pussy
Mannequin Pussy | |
---|---|
A banda en 2020 | |
Orixe | Filadelfia, Pensilvania, |
Período | 2010 - presente |
Xénero(s) | punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Tiny Engines, Epitaph Records |
Membros | Marisa Dabice Athanasios Paul Kaleen Reading Colins Regisford |
Antigos membros | Drew Adler |
Na rede | |
Bandcamp | |
Mannequin Pussy é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Filadelfia, Pensilvania. Ata a data o grupo leva publicados tres álbums, os dous primeiro a través do selo Tiny Engines e o último a través de Epitaph Records. O seu traballo máis recente, Patience, foi editado no ano 2019 con críticas favorables.[1]
Historia
Primeiros anos e Gypsy Pervert/Mannequin Pussy
Mannequin Pussy foi formada en outubro de 2010 polos amigos Marisa "Missy" Dabice e Athanasios Paul, que se coñeceran ao ir xuntos ao mesmo colexio. A banda era inicialmente un dueto, con Dabice como guitarrista e vocalista e Paul como batería. En 2011 editaron dous EPs, titulados Bonerjamz! e Meatslave. Unha das súas cancións, "Clue Juice", aparece en Leisure Rules, un recompilatorio aparecido só en casete e editado en xullo de 2012 a través do selo Of Effort en Bandcamp.[2] Ese mesmo mes, 13 das súas cancións foron publicadas nunha cara dun casete compartido de xira chamado Banditos, coa banda de Idaho Art Fad a través do selo Trash Palace Tapes.[3]
A principios de 2013, Drew Adler uniuse á banda como batería e Paul pasou a tocar a guitarra. O seu primeiro álbum, Gypsy Pervert, foi publixado en outubro de 2013 como unha edición limitada só en casete a través do selo Rarebit Records.[4] En novembro dese ano unha das súas cancións apareceu no recompilatorio The Le Sigh Vol. 1 Compilation.[5]
En 2014 Mannequin Pussy fichou por Tiny Engines. Ese mesmo ano a banda reeditou o seu álbum de estrea coa súa nova discográfica.[6] O disco foi posteriormente renomeado Mannequin Pussy despois de que a banda considerase o termo "gypsy" despectivo contra o pobo xitano.
Romantic e Patience
En 2015 Kaleen Reading uniuse ao grupo como batería para substituír a Drew Adler. En 2016 uniuse a eles o baixista Colins "Bear" Regisford. Mannequin Pussy publicou o seu segundo álbum a través de Tiny Engines, titulado Romantic, en outubro dese ano.[7][8] O tema de mesmo nome chegou ao número 14 da lista da Rolling Stone das 50 mellores cancións de 2016.[9]
O 30 de maio de 2017 Mannequin Pussy estreou un video musical para a canción "Pledge" na súa canle de YouTube. Pouco despois, no mes de xuño, a banda iniciou unha xira europea seguida por concertos nos Estados Unidos entre xullo e setembro.
En 2019 Mannequin Pussy anunciou que fichara por Epitaph Records.[10] O 24 de abril a banda publicou o sinxelo "Drunk II" e anunciou o seu terceiro álbum de estudio, Patience. O video de "Drunk II", dirixido por Dabice, represéntaa namorándose de tres persoas diferentes nun bar. Antes do lanzamento do álbum, Mannequin Pussy publicou os sinxelos "Who You Are" o 20 de maio e "Cream" o 17 de xuño.[11] O videoclip de "Cream", dirixido por Hanna Hamilton, inspirouse nas películas de terror dos anos 70.[12]
En novembro de 2019 Tiny Engines, o antigo selo da banda, entrou en hiato debido a unha disputa contable sobre artistas que non foron pagados, entre eles Mannequin Pussy.[13]
En marzo de 2020 Mannequin Pussy viuse forzada a cancelar ou adiar concertos da súa xira debido á pandemia de COVID-19.[14] O 2 de marzo de 2021, Dabice apareceu como axente do FBI no video musical da canción "Be Sweet" de Japanese Breakfast.[15]
Presente
O 18 de marzo de 2012 anunciouse que Paul deixara o grupo para "comezar un novo capítulo da súa vida" e que Mannequin Pussy continuaría como un trío.[16] O 23 de marzo a banda anunciou o EP Perfect, e lanzou o seu primeiro sinxelo, "Control".[17] Un segundo sinxelo, "Perfect", foi editado o día 26 de abril.[18]
Dúas cancións de Mannequin Pussy, "Who You Are" e "In Love Again", foron interpretadas na miserie de 2021 de HBO Mare of Easttown pola banda ficticia Androgynous.[19]
Discografía
Álbums
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Gypsy Pervert | 2014 | Tiny Engines |
Romantic | 2016 | Tiny Engines |
Patience | 2019 | Epitaph Records |
Notas
- ↑ "Patience by Mannequin Pussy reviews | Any Decent Music". www.anydecentmusic.com. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ "Leisure Rules, by Reeks of Effort Records". Reeks of Effort Records (en inglés). Consultado o 2023-10-21.
- ↑ "Mannequin Pussy, Art Fad - Banditos / S/T" (en castelán). 2012-07-19. Consultado o 2023-10-21.
- ↑ "Mannequin Pussy - Gypsy Pervert" (en castelán). 2013-10. Consultado o 2023-10-21.
- ↑ Park, Maha (2013-12-05). "Monday Mix: The Le Sigh Vol. 1". The Lesigh (en inglés). Consultado o 2023-10-21.
- ↑ Punknews.org (2014-09-04). "Mannequin Pussy - Gypsy Pervert". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2023-10-21.
- ↑ Cummings, Raymond. "Mannequin Pussy: Romantic". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "Album Of The Week: Mannequin Pussy Romantic". Stereogum (en inglés). 2016-10-25. Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Sheffield, Rob (2016-11-30). "50 Best Songs of 2016". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Records, Epitaph (2019-03-07). "Mannequin Pussy Signs to Epitaph". Epitaph Records (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "Mannequin Pussy reveal new song "Who You Are": Stream" (en inglés). 2019-05-20. Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "Mannequin Pussy Made A Horror Mini Movie With Their ’Cream’ Video". UPROXX (en inglés). 2019-06-17. Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "Adult Mom Accuse Label Tiny Engines Of Breach Of Contract Over Royalty Payments". Stereogum (en inglés). 2019-11-10. Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Fitzmaurice, Larry (2020-03-16). "‘It Could Be an Incredibly Quiet Year’: 18 Musicians On a Post-Coronavirus World". Vulture (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Zhang, Cat. "Japanese Breakfast: “Be Sweet”". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Ackroyd, Stephen (2021-03-18). "Mannequin Pussy are now a three piece". Dork (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Minsker, Evan (2021-03-23). "Mannequin Pussy Announce Perfect EP, Share Video for New Song “Control”". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "Mannequin Pussy share new single ‘Perfect’". DIY (en inglés). 2021-04-26. Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "Here's how Mare Of Easttown created its fictional band, Androgynous". The A.V. Club (en inglés). 2021-05-03. Consultado o 2023-10-27.