Manuel Bulnes Prieto
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1799 ![]() Concepción, Chile ![]() |
Morte | 18 de outubro de 1866 ![]() Santiago de Chile ![]() |
Presidente de Chile | |
18 de setembro de 1841 – 18 de setembro de 1851 ← José Joaquín Prieto Vial – Manuel Montt → | |
Senador de Chile | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Instituto Nacional General José Miguel Carrera ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, militar ![]() |
Partido político | Conservative Party (en) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | mariscal ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Enriqueta Pinto Garmendia ![]() |
Fillos | Manuel Bulnes Pinto, Gonzalo Bulnes ![]() |
Pai | Manuel Bulnes Quevedo ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Manuel Bulnes Prieto, nado en Concepción o 25 de decembro de 1799 e finado en Santiago de Chile o 18 de outubro de 1866, foi un militar e político chileno, presidente do seu país entre 1841 e 1851.
Traxectoria
Era fillo de Manuel Bulnes Quevedo e María Carmen Prieto Viaria. Casou cunha das figuras femininas máis representativas da aristocracia chilena, Enriqueta Pinto Garmendia, filla do presidente Francisco Antonio Pinto e irmá do Presidente Aníbal Pinto. A Enriqueta denominábana A Gran de Dama da Presidencia por ser filla, irmá e esposa de Presidentes da República.
Bulnes tomo parte na guerra para independizarse de España, loitando mesmo contra o seu pai, que estaba no bando realista. Posteriormente participou en campañas militares contra os irmáns Pincheira e contra indios pehuenches.
Participou en 1829 nunha revolución en contra do goberno liberal, e posteriormente na guerra contra a Confederación Perú-Boliviana, vencendo ás tropas de Andrés de Santa Cruz na batalla de Yungay o 20 de xaneiro de 1839, tras o cal foi recibido en Chile como heroe.
Foi nomeado ministro polo seu tío, o presidente José Joaquín Prieto Vial, e logo foi o candidato do goberno nas eleccións de 1841.