Manuel González Álvarez
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (69/70 anos) A Rúa, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | guionista, catedrático |
Premios | |
Manuel González Álvarez, nado na Rúa en 1955, é un guionista e investigador cinematográfico galego.
Traxectoria
Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, participou na formación de cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Foi director do IFP Allariz (1979-1982), onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia, da Videoteca de Galicia (1984-1985) e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998). Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a TVG. Levou a cabo traballos de investigación sobre a historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América.
Obras
- Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990.
- Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil (2022). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-942-3.
Galardóns e nomeamentos
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2013 | Premio de Honra Fernando Rey | Gañador |
- 2023: Premio Antón Losada Diéguez, modalidade Investigación por Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil.[1]
Notas
- ↑ Región, La (2023-04-30). "Manolo González y Moncha Fuentes ganan el premio Antón Losada en Carballiño". La Región (en castelán). Consultado o 2023-04-30.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- "Ficha na Axencia Audiovisual Galega". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
- Ruth Lodeiro (30 de decembro de 2014). ""Tan solo buscaba mejorar mi relación con los alumnos de mi instituto"". El Economista.