Mariña de Augas Santas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 119 Baiona, España |
Morte | 139 (19/20 anos) Augas Santas, España |
Causa da morte | decapitación |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de xullo |
Familia | |
Pai | Lucio Castelio Severo |
Irmáns | Eufemia de Ourense Vitoria Xermana Marciana Xenibera Basilia Quiteria Liberata |
Mariña de Augas Santas foi unha muller mártir do cristianismo, probablemente lendaria, venerada como santa pola Igrexa católica, que celebra a súa festa o 18 de xullo.
Traxectoria
A súa vida mestura lenda e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual Baiona) cara ao 119, sendo filla de Lucio Castelio Severo (gobernador romano da Gallaecia e Lusitania) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas, chamadas Liberata[1], Xenevra[1], Quiteria[1], Eufemia[1], Xermana[1], Marciana[1], Basilia[1], Vitoria[1] e a mesma Mariña[1], nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de infidelidade (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á concupiscencia da muller), quixo desfacerse das nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no río Miñor.
Sila, que era cristiá, non as quixo matar e deixounas en casas de familias cristiás amigas, sendo bautizadas polo bispo Ovidio de Braga, e creceron como cristiás nunha época en que esta relixión aínda era perseguida.
De grandes foron acusadas diante do seu pai. Cando Severo se decatou de que eran as súas fillas, convidounas a abxurar do cristianismo e levar unha vida regalada con el. Ao se negaren foron feitas presas. Fuxiron cada unha a un lugar, morrendo todas como mártires. Mariña foi decapitada o 18 de xaneiro de 139 en Augas Santas (Allariz). No lugar da súa morte abrollaron tres fontes en cada lugar onde golpeou a súa cabeza ao ser decapitada.
Patroa
Véxase tamén: Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña
Moitos son os lugares, parroquias e concellos de Galicia que reclaman para si a orixe desta santa, contan diferentes versións sobre a súa vida ou a recoñecen como patroa. É patroa dos concellos de Teo, Xinzo de Limia, Cambados e As Neves. A devoción á santa é particularmente xeneralizada en Galicia contando con 36 igrexas baixo a súa advocación na diocese de Santiago, 14 na diocese de Tui e 16 na diocese de Ourense.[2] Tamén está asociada a complexos de augas medicinais na Península Ibérica.
Galería de imaxes
-
Procesión de Santa Mariña de Dozo (Cambados)
-
Santa Mariña de Ribasar (Rois)
-
Santa Mariña de Covelo
-
Santa Mariña (Cornielis de Holanda, século XVI, catedral de Ourense)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Fariña Busto, F. (2002): Santa Mariña de Augas Santas. Ourense, Grupo Marcelo Macías/Fundación Caixa Galicia (Guías do patrimonio cultural, 7).
- Quintía Pereira, R. (2017): Mariña: de deusa a santa. Ed. Galaxia. ISBN 9788491510611.