Maria Mitchell

Maria Mitchell
Nacemento1 de agosto de 1818
Lugar de nacementoNantucket
Falecemento29 de xuño de 1889
Lugar de falecementoLynn
SoterradaProspect Hill Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónUnitarismo
Alma máterVassar College
Ocupaciónastrónoma, bibliotecaria, profesora universitaria, escritora e naturalista
PaiBilly Mitchell (militar)
PremiosNational Women's Hall of Fame e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
https://www.mariamitchell.org/
WikiTree: Mitchell-8244 Find a Grave: 719 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Maria Mitchell, nada en Nantucket (Massachusetts) o 1 de agosto de 1818 e finada en Lynn o 28 de xuño de 1889, foi a primeira muller dedicada a astronomía nos Estados Unidos e a primeira muller que formou parte da Academia Estadounidense de Artes e Ciencias.[1]

Traxectoria

Terceira nunha familia con dez fillos, asistiu a un centro de ensino para señoritas, tendo ademais autoeducación.

Foi profesora de astronomía para mulleres no Vassar College e chegou a ser a directora do seu observatorio.[2] [3]O primeiro de outubro de 1847 converteuse na terceira muller en descubrir un cometa co telescopio (Miss Mitchell's Comet) polo que recibiu unha medalla de ouro do rei Federico de Dinamarca.[4] Calculou táboas de posicións astronómicas de Venus, tomou fotografías dos planeta Xúpiter e Saturno e das súas lúas, estudou nebulosas, estrelas dobres e eclipses solares. Desenvolveu teorías sobre as súas observacións como a revolución dunha estrela arredor doutra nas estrelas dobres en formación e a influencia da distancia e da composición química na variación da cor da estrela. Estudou a eclipse solar total. Tomou as primeiras fotografías ordinarias do Sol e elaborou unha hipótese sobre as manchas solares que, no canto de ser nubes serían cavidades na superficie solar.

Foi a primeira muller elixida para ocupar un posto en diversas institucións científicas americanas, como a AAAS (Asociación Americana para o Avance da Ciencia).[4] Fundou e foi presidenta da Asociación Americana para o Avance das Mulleres.[4] Así mesmo, obtivo un grao honorario en Columbia.

Foi unha muller con ideais que loitou pola súa igualdade salarial respecto aos homes, en protesta contra a escravitude deixou de vestir prendas de algodón e apoiou o movemento sufraxista.[5]

Recoñecemento

Pola súa figura reciben o seu nome: o observatorio de Nantucket, un barco da segunda guerra mundial, un cráter lunar,[4] un asteroide e foi incluída na galería da fama dos Estados Unidos.

Notas

  1. F., Shearer, Benjamin (1997). Notable women in the physical sciences : a biographical dictionary. Greenwood Press. ISBN 0-313-29303-1. OCLC 243866627. 
  2. "Maria Mitchell - Vassar College Encyclopedia - Vassar College". vcencyclopedia.vassar.edu. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2019. Consultado o 2021-05-08. 
  3. Claramunt e Claramunt (2012)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Altschuler e Ballesteros (2016).
  5. Calvo Iglesias, Encina (2016). Científicas y sufragismo. SIEMUS (Seminario Interdisciplinar de Estudios de las Mujeres de la Universidad de Sevilla. ISBN 978-84-945243-2-5. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
  • Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1.

Outros artigos

Ligazóns externas