Maria Àngels Anglada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1930 ![]() Vic, España ![]() |
Morte | 23 de abril de 1999 ![]() Figueres, España ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía ![]() |
Ocupación | poetisa, crítica literaria, profesor de catalán, profesora universitaria, escritora, novelista ![]() |
Empregador | Universidade de Barcelona ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nou diccionari de la literatura catalana ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Maria Àngels Anglada, nada en Vic no 1930 e finada en Figueres no 1999, foi unha poeta, novelista, crítica literaria e ensaísta catalana.
Traxectoria
Pasou gran parte da súa vida repartida entre Vic (1930-1954) e Figueres (1961-1999). Está considerada unha das principais figuras de literatura catalana no século XX. Licenciouse en Filoloxía Clásica. A súa formación, xunto coas viaxes feitas a Grecia no 1973 e no 1996 dotaron a súa obra, especialmente na poesía, dun forte compoñente helenístico e clásico. Así son frecuentes as referencias a personaxes ou historias de mitoloxía grega. Que serven coma fíos conductores para a expresión modernizadora de sentimentos ou emocións íntimas ou ben para a denuncia de agresións, ora contra países ou colectivos vulnerables, ora contra o medio ambiente. Citar que Maria Ángels Anglada, formou parte dos colectivos que loitaron a prol da proteción dos Aiguamolls de l'Empordà.
Tamén foi unha tradutora saliéntabel, especialmente dos poetas Salvatore Quasimodo, Giorgos Seferis ou Pandelís Prevelakis.
Obra
Poesía
- Díptic (1972)
- Kyparíssia (1980)
- Carmina cum fragmentis (1990)
- Arieta (1996)
- Arieta II (póstumo, 2009)
Novelas
- Les Closes (1979)
- Sandàlies d'escuma (1985)
- O violín de Auschwitz (El violí d'Auschwitz) (1994).[1]
- El quadern d'Aram (1997)
Ensaio
- Paisatge amb poetes (1988)
- Paradís amb poetes (1993)
Notas
- ↑ Traducido ó galego no 1996 da man de Xavier Rodríguez Baixeras e Xerais na Colección Fóra de Xogo.
Véxase tamén
Bibliografía
- Poesía completa. Maria Ángels Anglada. Edicions Vitela, 2009. ISBN 978-84-936250-9-2