Marianne Faithfull

Modelo:BiografíaMarianne Faithfull

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Marianne Evelyn Gabriel Faithfull Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Hampstead, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xaneiro de 2025 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt Joseph's College Editar o valor en Wikidata
Altura1,65 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz de cinema, artista discográfica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata - 2023 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, vocal jazz (en) Traducir, música pop, rock alternativo, folk e Blues Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDecca Records
Deram
Island Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGiorgio Della Terza (1988–1991), divorcio
Ben Brierley (1979–1986), divorcio
John Dunbar (1965–1966), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaFrançois Ravard (1994–2009)
Mick Jagger (1966–1970) Editar o valor en Wikidata
FillosNicholas Dunbar
 () John Dunbar
Corrina Jagger
 () Mick Jagger Editar o valor en Wikidata
PaisRobert Glynn Faithfull Editar o valor en Wikidata  e Eva von Sacher-Masoch Editar o valor en Wikidata
IrmánsSimon Faithfull Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
13 de xullo de 2009Montreux Jazz Festival 2009 (en) Traducir (Miles Davis Hall (en) Traducir)
6 de xullo de 2005Montreux Jazz Festival 2005 (en) Traducir (Montreux Casino (en) Traducir)
11 de xullo de 2002Montreux Jazz Festival 2005 (en) Traducir (Auditorium Stravinski (en) Traducir)
11 de xullo de 2002Montreux Jazz Festival 2002 (en) Traducir (Auditorium Stravinski (en) Traducir)
3 de xullo de 1999Montreux Jazz Festival 1999 (en) Traducir (Auditorium Stravinski (en) Traducir)
10 de xullo de 1995Montreux Jazz Festival 1995 (en) Traducir (Auditorium Stravinski (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmariannefaithfull.org.uk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0265717 Allocine: 36310 Rottentomatoes: celebrity/marianne_faithfull Allmovie: an10270 106058 Metacritic: person/marianne-faithfull
Facebook: mariannefaithfullofficial Twitter: Faithfull_M Instagram: mariannefaithfullofficial Tumblr: mariannefaithfullofficial MySpace: mariannefaithfullofficial Youtube: UC6SzgQxCOAP2dfu4PR34YqA Pinterest: Faithfull_M BNE: XX877250 Souncloud: marianne-faithfull Spotify: 7mlge4peaoNgzTsY6M32RB iTunes: 84326 Last fm: Marianne+Faithfull Musicbrainz: 14ed9dea-1bb0-4743-ba32-39674a71da89 Songkick: 476245 Discogs: 62391 Allmusic: mn0000651107 WikiTree: Faithfull-99 Deezer: 787 Genius: Marianne-faithfull Editar o valor en Wikidata

Marianne Evelyn Gabriel Faithfull, nada en Hampstead, Londres, o 29 de decembro de 1946, é unha cantante, compositora e actriz inglesa. Acadou popularidade na década de 1960 coa publicación do seu éxito "As Tears Go By"[1] e converteuse nunha das artistas femininas principais durante a British Invasion dos Estados Unidos.

Traxectoria

Durante os seus anos de escola, fíxose amiga de Sally Oldfield.

Faithfull comezou a súa carreira en 1964 tras asistir a unha festa de The Rolling Stones, onde foi descuberta por Andrew Loog Oldham. Trala publicación do sinxelo "As Tears Go By", converteuse nunha estrela internacional. O seu álbum debut Marianne Faithfull (1965, publicado simultaneamente co seu álbum Come My Way) foi un éxito comercial ao que seguiron varios álbums en Decca Records. Entre 1966 e 1970, mantivo unha publicitada relación con Mick Jagger. A súa popularidade aumentou cos seus papeis no cinema, como en I'll Never Forget What's'isname (1967), The Girl on a Motorcycle (1968) e Hamlet (1969). Porén, a súa fama foi superada polos problemas persoais da década de 1970. Nese tempo foi anoréxica, sen fogar e adicta á heroína.[2]

Coñecida pola súa distintiva voz, a anteriormente melodiosa e con rexistros vocais altos de Faithfull (que prevalecían na súa carreira na década de 1960) foi afectada por unha larinxite crónica severa, mesturada co abuso das drogas, alterando permanentemente a súa voz, deixándoa áspera, crabada e ton máis baixo. Este novo son foi eloxiado como "empapado en whisky" por algúns críticos por axudar a capturar as crúas emocións expresadas pola súa música.[2]

Tras unha longa ausencia comercial, Faithfull volveu coa estrea en 1979 do aclamado álbum Broken English. O disco foi un éxito comercial e marcou un rexurdimento da súa carreira musical. Broken English valeulle a Faithfull unha candidatura ao Grammy á mellor interpretación feminina de rock e adoita ser recoñecido como a súa "gravación definitiva". Tamén escribiu tres libros sobre a súa vida, Faithfull: An Autobiography (1994), Memories, Dreams & Reflections (2007) e Marianne Faithfull: A Life on Record (2014).

Faithfull apareceu na listaxe de VH1 das "100 Grandes Mulleres do Rock and Roll". Recibiu o World Lifetime Achievement Award no Women's World Award 2009 e foi nomeada Commandeur da Ordre des Arts et des Lettres polo goberno de Francia.

Discografía

  • 1965: Come My Way (só no Reino Unido)
  • 1965: Marianne Faithfull
  • 1965: Go Away from My World (só nos Estados Unidos)
  • 1966: North Country Maid
  • 1967: Love in a Mist
  • 1976: Dreamin' My Dreams (tamén coñecido como Faithless, de 1978)
  • 1979: Broken English
  • 1981: Dangerous Acquaintances
  • 1983: A Child's Adventure
  • 1985: Rich Kid Blues (Gravado en 1971; tamén coñecido como True: The Collection)
  • 1987: Strange Weather
  • 1990: Blazing Away (directo)
  • 1995: A Secret Life
  • 1997: 20th Century Blues
  • 1998: The Seven Deadly Sins
  • 1999: Vagabond Ways
  • 2002: Kissin Time
  • 2005: Before the Poison
  • 2008: Easy Come, Easy Go
  • 2011: Horses and High Heels
  • 2014: Give My Love to London
  • 2016: No Exit (directo)
  • 2018: Negative Capability

Filmografía

Ano Filme Personaxe Notas
1966 Made in U.S.A Ela mesma, cantando nun café
1967 Anna Moza nun baile Telefilme
I'll Never Forget What's'isname Josie Faithfull foi a primeira persoa que dixo "fuck" nun filme comercial dun estudio
1968 The Girl on a Motorcycle Rebecca
1969 Hamlet Ofelia
1971 The Stronger Telefilme con Britt Ekland, dirixido por Patrick Garland
1972 Lucifer Rising Lilith Curtametraxe
1974 Ghost Story Sophy Kwykwer
1975 Assault on Agathon Helen Rochefort
1992 The Turn of the Screw Narradora
1993 When Pigs Fly Lilly
1994 Shopping Bev
1995 Moondance Nai Tamén puxo a voz para "Madam George"
1996 Crimetime Cantante de club
2001 Intimacy Betty
Far from China Helen
Absolutely Fabulous Deus Serie de televisión, episodios "The Last Shout: Part 1" (1996), "The Last Shout: Part 2" (1996) e "Donkey" (2001)
2004 A Letter to True Narradora Documental escrito e dirixido por Bruce Weber, estreado no Reino Unido en 2008
2006 Paris, je t'aime Marianne Episodio "Le Marais"
Marie Antoinette Emperatriz María Tareixa
2007 Irina Palm Maggie Candidata ao Premio do Cinema Europeo á mellor actriz
2011 Faces in the Crowd Dr. Langenkamp
2012 Belle du Seigneur Mariette
2013 Who Do You Think You Are? Ela mesma Serie de televisión, temporada 10, capítulo 9

Notas

  1. 2,0 2,1 Faithfull, Marianne. Faithfull: An Autobiography Boston: Little, Brown; 1994. ISBN 0-316-27324-4

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas