Mario Puzo
Mario Gianluigi Puzo, nado o 15 de outubro de 1920 no barrio de Hell's Kitchen, en Manhattan (Nova York) e finado en Long Island o 2 de xullo de 1999 foi un escritor e guionista estadounidense.
Traxectoria
Prolífico escritor sobre a mafia, a súa obra The Godfather deulle fama internacional, sobre todo tras ser convertida nunha das máis populares películas da historia por Francis Ford Coppola, guionizada polo propio Mario Puzo.
Obra
Os seus libros son os seguintes:
Narrativa
- The Dark Arena (1953)
- The fortunate Pilgrim (1964)
- The Runaway Summer of David Shaw (1966)
- The Godfather (1969)
- The Godfather Papers and Other Confessions (1972)
- Fools die (1975)
- Inside Las Vegas (1977)
- The sicilian (1984)
- The fourth K (1991)
- The last Don (1996)
- Omertà (1999)
- The family (2001, completado por Carol Gino)
Guións
- The Godfather (1972)
- The Godfather, Part II (1974)
- Earthquake (1974)
- Superman (1978)
- Superman II (1980)
- The Cotton Club (1984)
- The sicilian (1987)
- The Godfather, Part III (1990)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- www.mariopuzo.com (en inglés)